Un estudo proba unha terapia para o cancro como base para tratar os celíacos

O equipo modifica células dos ratos para conseguir que a reacción ante o glute sexa menor, o que abre a porta a novas investigacións

Un novo estudo logrou adaptar terapias para o cancro de cara a tratar a afectación dos celíacos pola proteína do trigo. É unha investigación inicial e experimental probada en ratos, que pode abrir a porta a unha futura cura. Os resultados foron publicados na revista Science.

O equipo científico utilizou unha terapia similar ás que se fan con células CAR-T. Este sistema consiste en modificar células do paciente no laboratorio para que poidan recoñecer e atacar mellor as que son canceríxenas. Neste caso, a intención é a contraria: frear a resposta inmunitaria do corpo a través deste método.

Publicidade

Para este estudo utilizaron ratos que tiñan o xene HLA-DQ2.5. É algo propio das persoas celíacas, polo que esta investigación tomou iso como referencia para buscar un posible tratamento. A partir de aí, modificaron células que podían frear esa reacción ao glute e inoculárona de novo con éxito. Ademais, as conclusións amosan que a protección que ofrece esta terapia podería ser máis ampla do previsto, aínda que só son resultados iniciais.

Un novo camiño que investigar

“Aínda que parece prometedor, o estudo ten varias limitacións“, avisa Cristina Gómez-Casado, membro da Academia Europea de Alerxia e Inmunoloxía Clínica (EAACI). A novidade deste estudo é que modifican as células T reguladoras (Tregs), de forma específica e amosan que poden frear a activación e a migración destas ao intestino dos ratos, explica a científica. Con todo, Gómez recorda que non se especifica cando se pode utilizar este sistema como terapia, se antes ou despois do desenvolvemento da doenza. Ademais, os ratos non son celíacos de forma natural, polo que realmente é difícil estudar a través destes o efecto do glute.

Publicidade

Gómez si cre que amosa o potencial que teñen este tipo de células modificadas e que abre a porta a novas investigacións. Seguir por estes camiños, segundo considera, axuda a comprender mellor a enfermidade e a buscar novas alternativas á dieta sen glute.

A doenza celíaca é unha enfermidade do intestino delgado que afecta a entre o 1% e o 3% da poboación mundial. De cara a esta, hai unha predisposición xenética que está marcada nos xenes. “Condiciona tanto a súa alimentación como as súas relacións sociais”, afirma a experta, polo que probar novas posibles terapias é algo positivo. “Hai uns anos, exploráronse estratexias de tolerancia ao glute”, di a experta. Estas son, segundo comenta, similares ás da inmunoterapia utilizada para tratar as alerxias. Agora, toca esperar para saber se futuras investigacións facilitan máis coñecemento sobre este tema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación