A USC crea un modelo para predicir a resposta dos pacientes de cancro á inmunoterapia

O achado amosa unha maior eficacia que o actual método empregado nos hospitais para estudar a resposta dos pacientes ao tratamento

Predicir que pacientes responderán a un tratamento é decisivo na abordaxe do cancro. Co fin de mellorar a supervivencia e calidade de vida dos afectados por cancro de pulmón non microcítico metastásico, o equipo do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) acaba de publicar un artigo na revista Molecular and cellular proteomics que investiga a identificación dunha firma proteómica que proporcione información para predicir a resposta á inmunoterapia nesta patoloxía.

Durante o estudo, os investigadores analizaron o valor preditivo que presentan as proteínas expresadas dun xeito diferencial en pacientes con este tipo de cancro en función da resposta que presentaron ao tratamento.

Publicidade

As análises destas proteínas realizáronse mediante unha metodoloxía coa que conta a plataforma de proteómica do IDIS, pertencente á USC, que permite a análise masiva de proteínas nun medio chamado plasma, denominada SWATH-MS. Dita metodoloxía permitiu identificar 324 proteínas expresadas de forma diferencial entre pacientes que responderon e os que non responderon á inmunoterapia.

Predicir a resposta á inmunoterapia

Actualmente, só existe un biomarcador empregado nos hospitais e clínicas para predicir a resposta da inmunoterapia neste tipo de pacientes. Con todo, esta técnica presenta unha baixa eficacia preditiva, xa que só arredor do 30% de pacientes con cancro de pulmón non microcítico mostra unha boa resposta á inmunoterapia” explica Ana Belén Dávila, unha das autoras principais do estudo e responsable da liña de traballo de nano-oncoloxía do grupo.

Publicidade

O equipo investigador desenvolveu un modelo composto por unha combinación de sete proteínas. Este conxunto de moléculas mostrou un valor máis alto para predicir a resposta a inmunoterapia que o biomarcador actual, na mostra de pacientes analizada. “As análises de supervivencia mostraron que niveis baixos de tres destas proteínas asócianse cunha supervivencia libre de progresión do cancro e cunha supervivencia global máis prolongada destes pacientes, mentres que os niveis baixos doutra destas proteínas asociábanse cunha peor supervivencia global”, sinala a investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX