Un equipo galego avanza no estudo do cancro de pulmón microcítico, un dos máis letais

Investigadores do IDIS participan nun proxecto nacional para afondar na distribución, tendencias e carga do tumor e así mellorar a supervivencia e calidade de vida dos pacientes

O cancro de pulmón de células pequenas (CPCP) é un dos tipos de cancro máis agresivos e de maior letalidade que existen. Coa fin de mellorar a superviviencia e calidade de vida dos doentes, presentouse en Madrid o proxecto Cancro de pulmón microcítico: das redes biolóxicas á terapia a medida (SOSCLC) financiado pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e no que participa o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). Segundo explican dende o centro compostelán, esta iniciativa conseguiu unha das maiores adxudicacións de axudas en cancro de baixa superviviencia por 9 millóns de euros. O proxecto está liderado por Luis Paz Ares, do Hospital 12 de outubro, e Marcos Malumbres, do Hospital Vall d’Hebrón.

Trátase dun dos dous proxectos financiados na convocatoria Reto 70%, dirixida a tumores con baixa supervivencia co obxectivo de mellorala e superar esa porcentaxe a medio prazo. O proxecto no que participan máis de 20 hospitais españois e 200 investigadores, está dirixido a cancro de pulmón de célula pequena ou microcítico e estrutúrase en cinco áreas de traballo, unha delas centrada en epidemioloxía, distribución e factores de risco deste tumor.

Publicidade

Esta primeira liña de traballo está liderada polo investigador do IDIS e catedrático da Universidade de Santiago (USC), Alberto Ruano. Tamén, polo Xefe de Servizo de Oncoloxía de Puerta de Hierro, Mariano Provencio Pulla. O proxecto pretende coñecer a distribución, tendencias e carga deste tumor a nivel nacional e analizar o efecto de diversos factores de risco como a ocupación ou a exposición a radon neste tumor. “Trátase da convocatoria máis ambiciosa que houbo en España para a investigación en cancro. Ten un financiamento de 9 millóns de euros no próximos cinco anos para dous proxectos de investigación en convocatoria competitiva, este é un de eles”, explica o investigador e catedrático Alberto Ruano.

O cancro de pulmón microcítico

O cancro de pulmón de células pequenas (CPCP) é un dos tipos máis agresivos e mortais de cancro. Medra rapidamente, disemínase moi pronto e responde mal aos tratamentos. “Na maior parte dos casos diagnostícase cando xa está estendido. Nese caso, só o 3% dos doentes vive máis de cinco anos. Aínda que o tabaquismo é o principal factor de risco, hai outros posibles factores ambientais e ocupacionais aínda pouco estudados”, explica o investigador do IDIS.

Publicidade

Alberto Ruano dirixiu previamente un proxecto do Instituto de Saúde Carlos III específico sobre cancro microcítico. Foille concedido ao IDIS, e ademais foi o primeiro realizado sobre cancro de pulmón microcítico con colocación de detectores de radon no domicilio dos pacientes. Adicionalmente, neste estudo previo realizouse o primeiro estudo de asociación xenómica completa, realizado polo CEGEN. Deste estudo deriváronse numerosas publicacións en revistas internacionais.

Consorcio SOSCLC

Por primeira vez en España, creouse un consorcio chamado SOSCLC. Está composto por máis de 200 investigadores. Está coordinado por Luis Paz Ares, xefe de servizo de Oncoloxía Médica do Hospital 12 de Octubre, e Marcos Malumbres, do Instituto de Oncoloxía (VHIO) do Hospital Vall d’Hebron.

Este consorcio inclúe a investigadores nacionais e internacionais. Tamén, a diversas asociacións e empresas dedicadas á investigación do cancro de pulmón. O principal obxectivo é mellorar a supervivencia e a calidade de vida dos pacientes. Para iso, estudarase a distribución e os factores de risco do CPCP en España. Así mesmo, analizaranse as alteracións celulares e como os tumores evaden o sistema inmunitario. O obxectivo é desenvolver novas estratexias terapéuticas.

O traballo tamén pretende involucrar aos pacientes na investigación e aumentar a concienciación social sobre a enfermidade. Co apoio da AECC, este consorcio pretende mellorar o coñecemento e tratamento do CPCP. Tamén, incrementar a participación dos pacientes na investigación e a súa visibilidade social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

A física Yolanda Prezado, premio Wonenburger 2026 polos seus estudos en radioterapia

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta concede por unanimidade o galardón á investigadora galega, considerada unha referencia europea en protonterapia

Radiografía do piropo galego: da sedución á complicidade a través do humor

A investigadora Estela Fidalgo realizou un estudo con 100 persoas para coñecer como mudan as estratexias comunicativas nas relacións afectivo-sexuais

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos