O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Chega unha nova edición de verán dos Soletes da Guía Repsol. Nesta ocasión, son máis de 60 famosos os que comparten os seus sitios favoritos para dar a benvida ao verán, almorzar ou tomar algo con amigos. Máis de 250 Soletes están repartidos por todas as comunidades, 17 deles en Galicia; 13 sitúanse na provincia da Coruña. Por exemplo, o grupo musical Sanguiguelas del Guadiana só recomendado un sitio fóra da súa terra extremeña: O Chiringo na praia da Magdalena, en Cedeira (A Coruña).

O actor Javier Gutiérrez reparte as súas preferencias entre Alfonso, Café Avenida e O Galo, en Ferrol. A cómica Sara Escudero apunta a Fonte do Picho, en Arzúa. Pola súa banda, o actor Tamar Novas ten unha longa lista de favoritos: Casa Brandariz, en Arzúa; Casa da Crega, en Carnota; Kohlanta, na Coruña, e La Flor, O Dezaseis, Pub Atlántico, Pulpería A D’Maria e Terraza Xardín Costa Vella, todos en Santiago de Compostela. 

Publicidade

“Todos buscamos sitios agradables e asequibles nos que relaxarnos e gozar das vacacións, igual que os personaxes do mundo da cultura que con xenerosidade revelaron os seus lugares favoritos. Ademais, quixeron poñer en valor eses pequenos negocios nos que se traballa con ganas para facernos desconectar e que tanto se merecen un recoñecemento” apunta María Ritter, directora de Guía Repsol. 

Con esta decimoquinta edición, xa son máis de 5.500 as cafeterías, bares, restaurantes, sitios de fast food, vinotecas, xeaderías e terrazas repartidas por todo o país que presumen de distintivo amarelo. Fiel á filosofía coa que foron creados, os Soletes son lugares que recomendarías a un amigo pola súa proposta solvente e asequible, cun non sei que que os fai especiais. 

Publicidade

Ourense e Pontevedra: Sexy Zebras, Anni B Sweet e Xoel López

As provincias de Ourense e Pontevedra tamén gardan segredos culinarios. Na Gudiña, o grupo Sexy Zebras selecciona El Churrasco de Oro. Mentres, no Grove, a cantante Anni B Sweet sinala a Senlleiro e Taberna da Cruz; mentres, o cantante Xoel López elixe La Taberna de Pepe Solla, en Poio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica