Volve o inverno e cobre media Galicia de neve

Unha masa de aire polar activa a alerta amarela en boa parte do país, con cotas de neve por debaixo dos 400 metros

Unha masa de aire polar devolve o frío intenso a Galicia, despois dunha fin de semana de Entroido con temperaturas que superaron os 20 graos en boa parte do país. Polo tanto, volve o inverno e deixa a metade do territorio cuberto de neve, coa alerta amarela activada nas montañas de Lugo e Ourense e no interior da Coruña por acumulacións superiores aos dous centímetros a partir dos 600 metros. De feito, a cota de neve descendeu bruscamente nas últimas horas, situándose nalgúns puntos da montaña luguesa por debaixo dos 400 metros. De feito, as temperaturas máximas non superarán os 12 graos nas cidades galegas, con Pontevedra rexistrando o valor máis alto do día.

O escenario manterase este venres, con temperaturas baixas para esta época do ano e, por tanto, coa formación de xeadas. Ademais, conforme vaia avanzando o día, as precipitacións desprazaranse de norte a sur debido a unha borrasca situada no Cantábrico que afectará a Galicia. Segundo informa Meteogalicia, coa chegada da fin de semana as temperaturas experimentarán un “lixeiro ascenso” e recuperarase a estabilidade, posto que a borrasca do Cantábrico se desprazará cara ao norte de Portugal. Galicia recuperará a influencia anticiclónica o domingo, con temperaturas sen grandes cambios respecto aos días anteriores.

Publicidade

O frío intenso azoutará Galicia con máis forza durante a xornada deste xoves e xa son múltiples usuarios que deixan testemuño da neve en diferentes puntos de Galicia a través das redes sociais. Aquí unha mostra deles:

Forte nevarada en Guitiriz

Nas montañas de Lugo e Ourense, igual que no interior de Galicia, é onde se esperaba que caeran as nevaradas máis fortes, coma esta de Santa Cruz, en Guitiriz.

Publicidade

Crédito: @Adrin29472450 / Twitter

A neve tamén chegou a Soutelo de Montes

Outro lugar do interior de Galicia, esta vez en Soutelo de Montes (Forcarei), onde caeron folerpas de neve. Esta mañá tamén, pero non callou.

Crédito: @RedmeteoP / Twitter

Folerpas de neve en Boimorto

O interior galego está a ser o mellor testemuño da neve. Incluídos os concellos do interior da Coruña, como Boimorto.

Sarabia na Coruña

A neve non foi a única que caer con forza esta noite. Na Coruña deixouse ver unha intensa xeada derivada da sarabia.

  • Así amenceron algunhas rúas da cidade da Coruña. Crédito: @EloyTP / Twitter
  • Forte sarabia nos Rosales, na Coruña. Crédito: @MiguelSb5 / Twitter

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cen anos d’O Mariscal, a obra teatral que pintou a Pardo de Cela como símbolo das liberdades galegas

A Real Academia Galega celebrará un acto conmemorativo de entrada libre o xoves 15 ás 16:30 horas no Museo de Ramón Cabanillas, en Cambados

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua