A bóla de lume do cometa Encke

Hai uns días, Galicia asistía ao paso de dous bólidos polo seu ceo que provocaron moitas mensaxes en redes sociais e a atención do Observatorio Ramón María Aller, de Santiago. E, poucos días máis tarde, o ceo no centro da península Ibérica volvía alumear.

O pasado 4 de novembro, unha rocha procedente do cometa Encke impactou contra a atmosfera ás 4:54 h (hora peninsular española). Segundo a análise do profesor José María Madiedo da Universidade de Huelva, investigador principal do proxecto SMART sobre meteroides na atmosfera terrestre, esta rocha entrou na atmosfera a unha velocidade estimada dun 100.000 km/h.

Publicidade

O fenómeno luminoso comezou a unha altitude de 113 km sobre a parte sudeste de Castela-A Mancha e finalizou a unha altitude dun 51 km sobre esta mesma comunidade. O evento está encadrado dentro da choiva de estrelas das Táuridas. O bólido puido ser recollido polas cámaras de vixilancia externa do Observatorio de Calar Alto en Almería, así como polos detectores do Proxecto SMART operados desde este observatorio. E agora fan público este vídeo do momento no que a noite se fixo día.

Licenza : Centro Astronómico Hispano-Alemán A.I.E.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lipoproteína (a): que sabemos sobre a nova esperanza cardiovascular e o seu anunciado fracaso

Este verán completouse o primeiro ensaio clínico cun dos fármacos en investigación e, en contra do esperado, la farmacéutica Novartis comunicou que non tivera éxito

Algas galegas para unha agricultura máis resistente á seca e á calor

O proxecto BIO-MARTERRA abre unha nova vía para valorizar subprodutos da industria alimentaria e ofrecer alternativas naturais ao sector agrícola

Do lixo ao fertilizante: a segunda vida dos residuos orgánicos en Vigo

O contedor marrón, impulsado polo Concello e FCC Medio Ambiente, permite separar os restos para transformalos en compost

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional