Que é o gas pementa e que efectos pode provocar no corpo humano?

A deputada Ana Vázquez exhibiu un aerosol de defensa persoal no Congreso para denunciar a situación en Ceuta

A capsaicina é un composto extraído do froito das plantas do xénero Capsicum —como os chiles e os pementos picantes—, o que a converte no ingrediente activo perfecto para o que se coñece como gas pementa. Trátase dunha formulación química e foco de actualidade tras o incidente ocorrido no Congreso dos Deputados o mércores 23 de setembro: Ana Vázquez, deputada polo Partido Popular, exhibiu un bote deste spray tóxico no hemiciclo para denunciar a situación en Ceuta despois de pedirlle a un asesor que lavara o recipiente no baño. Tras levar a cabo este proceso, puidéronse ter derramado restos da substancia e producido efectos colaterais.

A Policía decidiu precintar varias dependencias do Congreso, incluíndo unha das cafetarías. Unha das persoas afectadas foi unha muller que tivo que ser atendida polos vómitos provocados a causa do forte olor a gas e, segundo a presidencia da Cámara, máis de dez persoas foron intoxicadas. A pesar de ser coñecido como un produto de defensa persoal, cales son os efectos que pode producir no corpo humano ao entrar en contacto con este composto?

Publicidade

Os efectos

A aplicación directa de gas pementa produce un peche inmediato dos ollos, dificultade de respiración, proído de nariz e tose —un dos síntomas que tiñan os afectados no Congreso dos Deputados—. A duración dos efectos depende da forza do aerosol —a capsaicina está diluída nun 90% de solvente, que pode ser auga ou tricloretano— pero, como normal xeral, adoita durar de 30 a 45 minutos e os efectos diminuídos duran horas. Concretamente, para as personas asmáticas, que están a tomar medicamentos ou son obxecto de técnicas restritivas que reducen a capacidade de respirar, hai risco de morte.

Que di a lexislación?

Existe unha lexislación vixente en España que regula o uso de gas pementa, mediante o Regulamento de Armas (Real Decreto 137/1993) —polo que, a ollos da lei, é un arma, pero non letal— e a Orde Ministerial do 3 de outubro de 1994. De feito, a súa compra é libre para maiores de idade, sempre mostrando o DNI, en armerías e comercios especializados.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

Son seguros os xeradores eléctricos? Fallos comúns e recomendacións

A morte de tres persoas en Taboadela, Ourense, espertou a preocupación sobre o uso dunha ferramenta que, empregada de forma axeitada, é moi útil

As mulleres concentran o 75% dos casos adversos das vacinas covid en Galicia

O Sergas rexistra preto de 2.000 notificacións de efectos secundarios e o 27% foron considerados de carácter grave