Así se ve a superficie arrasada polo incendio do Xurés

O lume queima 560 hectáreas do espazo protexido, que se suma ao Courel, O Invernadeiro e a Enciña de Lastra como grandes afectados do verán

O verán de 2022 ule a fume. Os incendios sucedéronse nos últimos meses, arrasando miles de hectáreas en Galicia. As zonas máis afectadas foron os espazos naturais protexidos. O máis recente en recibir o embate do lume é o do Xurés. Segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural, xa arrasou 560 hectáreas. O incendio, que se declarou a noite do mércores 24 de agosto ás 21.15 horas, tivo unha “evolución favorable” nos primeiros momentos. Porén, o vento do nordés complicou a situación e contribuír ao avance das lapas. Amais diso, o terreo e a orografía dificultan aínda máis o escenario. As cicatrices que deixa o lume do Xurés, que afecta principalmente ao municipio de Lobeira, xa se deixan ver nas imaxes de satélite de Copernicus.

A situación que volve vivir o Xurés recorda a un dos episodios máis recentes e complicados das últimas semanas. As áreas máis profundamente afectadas tamén foron parques naturais, como o do Courel, o de Enciña da Lastra e o Invernadeiro. As estimación de Medio Rural aproximaba unhas 30.000 hectáreas queimadas, sendo o primeiro espazo o máis afectado de todos, con máis de 11.100. A orixe destes incendios, producidos a mediados de xullo, debeuse a unha tormenta explosiva que desembocou en miles de raios en cuestión de horas. Segundo explicaba o experto en lumes forestais e director da Escola de Enxeñaría de Pontevedra, Juan Picos, a GCiencia, os incendios de xullo —igual ca este do Xurés— afectaron a zonas de orografía moi complicada e difícil acceso.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024