Esta é a primeira imaxe do subsolo da cara oculta da Lúa

O vehículo lunar chinés Yutu-2, dotado cun radar, envía á Terra osprimeiros datos do terreo que está baixo a superficie do satélite

Un ano despois de acadar o fito de chegar por primeira vez á cara oculta da Lúa, a misión espacial chinesa conseguiu estes días outro relevante avance na investigación desta descoñecida parte do satélite da Terra. O rover Yutu-2, que está percorrendo a superficie, enviou os datos do seu sistema Lunar Penetrating Radar (LPR), que estuda o subsolo, e a análise desta información acaba de ser publicada na revista Science Advances.

No artigo recóllense os resultados do percorrido duns 106 metros, realizado durante os primeiros meses do paseo do vehículo, e no que se puido analizar unha distancia de ata 40 metros no subsolo lunar. Detectáronse tres niveis distintos, con material fino e rochas desprendidas dos impactos que sufriu a Lúa durante a súa historia.

Publicidade

Na primeira capa distínguense o regolito lunar, a zona máis superficial do satélite, composto por un material pouco consolidado que acada ata 12 metros de profundidade. Debaixo, xa no subsolo, ata os 24 metros, vese un terreo de rochas de entre 20 centímetros e tres metros de lonxitude. E máis abaixo, sempre segundo estes datos, o material rochoso vai desaparecendo ata facerse de novo máis fino na zona máis profunda do subsolo que é quen de estudar o radar do Yutu-2.

As análises do radar apuntan á presenza de tres capas diferenciadas na parte superficial do subsolo lunar

Combinando a información do radar con datos tomográficos e análises cuantitativas do subsolo, os autores conclúen que o subsolo lunar componse esencialmente de “materiais granulares altamente porosos con rochas incrustadas de diferentes tamaños”, froito dos impactos que recibiu o noso satélite.

Publicidade

Segundo os autores, é probable que o contido sexa o resultado dunha galaxia turbulenta temperá, cando os meteoritos e outros restos de obxectos espaciais golpearon con frecuencia a Lúa. O lugar do impacto expulsaría material a outras áreas, creando unha superficie en forma de cráter sobre un subsolo con varias capas. De feito, o terreo onde se move é o cráter Von Kármán, localizado na gran conca de impacto Polo sur-Aitken, unha das máis grandes do sistema solar.

Estes resultados constitúen a primeira imaxe electromagnética da estrutura do subsolo da cara oculta da Lúa e a primeira obtida sobre o terreo sobre a arquitectura estratigráfica dun depósito de material exectado.

“Os resultados ilustran, dunha maneira sen precedentes, a distribución espacial dos diferentes produtos que contribúen da secuencia de eyección e as súas características xeométricas”, apunta Chunlai Li, investigador dos Observatorios Astronómicos Nacionais da Academia de Ciencias de China (NAOC).

“Este traballo mostra que o uso extensivo da LPR podería mellorar en gran medida a nosa comprensión da historia dos impactos e vulcanismo na lúa e arroxar nova luz sobre a comprensión da evolución xeolóxica ao lado non visible da Luna”, engade.

Os investigadores confían en que o rover facilite novos datos nos próximos meses. Ademais, en decembro de 2020 está previsto lanzar a nova xeración: Chang’e 5, co obxectivo de traer mostras lunares á Terra.


Referencia: The Moon’s farside shallow subsurface structure unveiled by Chang’E-4 Lunar Penetrating Radar (Publicado en Science Advances).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite