Saturno e Xúpiter achéganse hoxe no ceo máis que en 800 anos

Os dous planetas xigantes gasosos non aparecen tan preto dende o amencer do 4 de marzo do ano 1226, en plena Idade Media

Chegou o día no que os planetas Xúpiter Saturno van aparecer no ceo case como un único planeta, un punto brillante que coruscará nas primeiras horas da noite cunha gran magnitude. Os amantes das estrelas van ter unha oportunidade única este Nadal, porque os dous xigantes gasosos levan achegándose todo o outono e agora estarán máis preto entre eles, dende a perspectiva da Terra, do que estiveron durante os últimos 800 anos.

A sincronización celeste leva en proceso desde o verán, xa que Xúpiter e Saturno se estiveron a achegar no ceo nocturno, e entre o 16 e o 25 de decembro están separados só por unha quinta parte do diámetro dunha Lúa chea.

Publicidade

Aínda que os planetas non estarán fisicamente preto un do outro, parecerán case un só punto de luz brillante para calquera que mire cara ao ceo nocturno, dende a perspectiva da nosa Terra.

Representación da noite do 21 de decembro de 2020.

“As aliñacións entre estes dous planetas son bastante raras, acontecen unha vez cada 20 anos aproximadamente, pero esta conxunción é excepcionalmente rara debido ao preto que se verán os planetas entre si”, di o astrónomo Patrick Hartigan da Universidade de Rice.

Publicidade

“Teriamos que retroceder ata xusto antes do amencer do 4 de marzo de 1226, para ver unha aliñación máis próxima entre estes obxectos visibles no ceo nocturno”. Estamos a falar dunha data na que facía sete anos que morrera o Mestre Mateo, o grande arquitecto da catedral románica de Santiago… e cando estaba a piques de nacer o trobador Martín Códax.

Para obter a mellor experiencia de visualización deste espectáculo, deberíamos estar nalgún lugar preto do ecuador, pero se o ceo está despexado, a aliñación vai ser visible desde case calquera lugar da Terra. E que o ceo estea despexado, por suposto…

Representación da noite do 21 de decembro de 2020.

O par de planetas aparecerá no ceo nocturno durante aproximadamente unha hora despois do solpor, segundo os astrónomos. Para botar unha ollada hai que mirar cara ao ceo occidental.

“Na noite de maior aproximación, o 21 de decembro, veranse como un planeta dobre, separados só por unha quinta parte do diámetro da lúa chea”, di Hartigan . Para a maioría dos telescopios, cada planeta e varias das súas lúas máis grandes serán visibles no mesmo campo de visión esa noite. Os planetas serán o dabondo brillantes no ceo como para ser visibles no crepúsculo, que podería ser o mellor momento para tentar botarlles unha ollada.

Aínda que este tipo de aliñación non acontece desde a Idade Media, volverá suceder bastante cedo, en marzo de 2080. Despois diso, con todo, Xúpiter e Saturno non se achegarán tanto no noso ceo nocturno ata as 2400. Así que a oportunidade histórica está aí para quen a poida aproveitar…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos

Astronomía de multimensaxeiro: o Universo contado en luz, ondas e partículas

O IGFAE participa en grandes colaboracións internacionais para combinar múltiples sinais cósmicos co obxectivo de comprender mellor os fenómenos máis extremos e invisibles do cosmos

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España