Chega o inverno hoxe ás 11.02 horas no día máis curto do ano

O solsticio trae unha estación que durará menos de 90 días e na que veremos a choiva de estrelas das Cuadrántidas

Chega o solsticio de inverno no hemisferio norte. Ás 11.02 horas (9.02 UTC) comeza a nova estación, que finalizará o vindeiro 20 de marzo. Como cada ano solar, será a máis curta do ano (menos de 90 días) porque a Terra está máis preto do Sol e viaxa máis rápido na súa órbita.

Durante a nova estación, o perihelio ou distancia mínima ao Sol se producirá o 2 de xaneiro, a pouco máis de 147 millóns de quilómetros. E non están previstas eclipses para este período. A primeira lúa chea será o 30 de decembro e haberá outras dúas: o 28 de xaneiro e o 27 de febreiro..

Publicidade

Como é habitual, tamén se producirán choivas de meteoros. A primeira do inverno será a das Cuadrántidas, cuxo máximo está previsto para o 3 de xaneiro, aínda que será visible entre o 28 de decembro e o 12 de xaneiro.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra atópase nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. O día en que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27′) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia. Esta circunstancia é tamén coñecida como solsticio (‘Sol quedo’) de inverno. Neste intre, no hemisferio sur iníciase o verán.

Publicidade

Confirmado: xa se lle empeza a notar aos días

O día do solsticio de inverno corresponde ás de menos horas de luz do ano no hemisferio norte. O inicio do inverno pode darse, como máximo, en catro datas distintas do calendario (do 20 ao 23 de decembro). Ao longo do século XXI, o inverno iniciarase entre os días 20 ao 22 de decembro (data en España), sendo o seu inicio máis temperán o do ano 2096, mentres que o inicio máis tardío foi o de 2003.

As variacións dun ano a outro son debidas ao modo no que encaixa a secuencia de anos segundo o calendario (uns bisiestos, outros non) coa duración de cada órbita da Terra arredor do Sol (duración coñecida como ano trópico).

Este luns 21 de decembró será o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas na nosa latitude. Porén as tardes xa comezaron a medrar dende o pasado día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis”. Isto débese a que a hora oficial está baseada no chamado Sol medio e non no Sol verdadeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13