Retratan o raio verde sobre a Torre de Hércules

O fotógrafo David Couce logrou capturar este fenómeno nunha fermosa paisaxe na que se ven tamén as Illas Sisargas

David Couce retrata dende hai anos os raios verdes que aparecen en Galicia, un dos fenómenos máis curiosos que nos deixa o Sol. Couce explica que hai tres anos lle viu a varios fotógrafos captar a Torre de Hércules e as Illas Sisargas de fondo. “Pensei en darlle unha volta e meter o Sol na ecuación”, alega. Explica que lle custou atopar un día que non estivese nublado cando o Sol caía nesa zona, que son entre dous e tres xornadas en outono e primavera. Nunha das fotos pódese ver tamén o Helimer de Salvamento.

Raio verde sobre a Torre de Hércules. Fotos: David Couce

O raio verde adoita producirse despois da saída do Sol ou pouco antes do solpor. Debido a unhas determinadas condicións, a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz que anula algunhas cores do espectro visible para os humanos, mentres que maximiza as ondas arredor dos 525nm, que se corresponden cos tons verdosos. É moi difícil poder velo, moitos metros retratalo.

Publicidade

Raio verde sobre a Torre de Hércules. Fotos: David Couce

Hai outra variante moito menos habitual: o raio azul ou violeta. Para observalo, é preciso que se maximicen só as ondas de luz arredor dos 450nm. Ata hai pouco tempo había escasos documentos gráficos no mundo que amosasen a súa presenza. Nos últimos anos, foi observado e retratado en varias ocasións en Galicia. A primeira constancia é a de Alfredo Madrigal, que o observou en Loiba en 2016.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España