Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros ata os 33 graos en Galicia

Tralo 'Verán de San Miguel' as temperaturas volven subir en toda a comunidade. As provincias con máis calor serán Ourense e Pontevedra

Acabou o ‘Verán de San Miguel’ e os mercurios volven subir en Galicia. Esta fin de semana agárdanse temperaturas moi altas en todas as comunidades autonómas. Aínda que a influencia do outono empeza a notarse pola duración dos días e as temperaturas nocturnas, os trinte graos que marcarán os termómetros os próximos días farannos crer que o verán aínda non rematou. Para os meteorólogos estase alongando de máis, e, neste caso, será unha masa de aire cálida subtropical a que manterá os valores entre os 30 e 33 graos. As temperaturas máis altas daranse en Ourense e Pontevedra.

Dende a xornada do xoves agárdase un tempo seco e cálido con intervalos de nubes altas e brétemas costeiras nas primeiras horas. “Nótase que o Sol tarda máis en levantar as néboas. É un matiz do outono”, explican dende MeteoGalicia. O vento soprará moi frouxo de compoñente sur. E é que, debido á posición do anticiclón, as borrascas non poden entrar en Galicia, nin o aire frío que sería “habitual” que entrase. “A posición do anticiclón está máis ao sur”, explican dende MeteoGalicia. O mes de outubro comezou batendo récords de temperatura en 43 municipios galegos. De momento, que non está previsto que se volvan superar estes valores anómalos.

Publicidade

O domingo será o día máis coloroso. A xornada estará caracterizada polos ceos despexaos, o aire cálido e pouco vento, con entradas de brétemas costeiras no litoral norte. Ourense poderá chegar aos 33 graos; Pontevedra a 32; Lugo a 31; e A Coruña a 29. Despois de que o pasado setembro se convertese no máis cálido a nivel mundial -non foi o máis quente da serie histórica galega- segundo datos do Servizo de Cambio Climático de Copernicus, todo apunta a que, como mínimo, outubro presentará anomalías térmicas. Como consecuencia, despois de acadar marcas históricas de temperatura, 2023 “perfílase xa como o ano máis cálido que xamais se deu no planeta”, alegan dende o organismo europeo.

Posible borrasca a vindeira semana

A mediados da vindeira semana agárdanse cambios no tempo. Unha borrasca ameaza con repartir precipitacións durante a ponte do Pilar, pero non está claro. “Antes parecía que ían haber moitas chuvias, pero agora xa parece que non vai haber ningunha no festivo”, explican dende MeteoGalicia. As borrascas atópanse moi cerca do noroeste da península e queda por saber se rematarán chegando á comunidade, e tamén, con que intensidade. De momento, dependendo do modelo, as chuvias poden ser protagonistas ou, directamente, ninguén se lembrará delas. Como mínimo, a estabilidade atmosférica durará ata o próximo martes, que será o día no que as frontes ameacen con inaugurar o tempo outonal. “Nalgún momento ten que cambiar”, comentan dende o organismo de meteoroloxía galego.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia

Nova entrada de po sahariano en Galicia: estas serán as zonas máis afectadas

Segundo informa a AEMET, o episodio de calixe será máis pronunciado na costa atlántica e despois desprazarase cara a provincia de Ourense

Galicia pasa das borrascas aos 25 graos ás portas da primavera

O anticiclón das Azores traerá ceos despexados e un ascenso das temperaturas, mentres continúa o temporal no litoral

Unha masa de aire moi cálido sobe ata 10ºC as temperaturas en Galicia na ponte de decembro

O desprazamento do anticiclón das Azores traerá valores inusuais xunto a chuvias persistentes e forte mar de fondo en toda a costa