A borrasca Irene azouta Galicia con refachos de máis de 80 km/h

É unha fronte de alto impacto e A Coruña e Ourense poderán acumular 40 litros en 12 horas

Tralo paso da borrasca Hipólito, Irene colle forza esta semana activando as alertas por ventos e chuvia. Na xornada deste martes agárdanse refachos de máis de 70 e 80 km/h e A Coruña e Ourense poderán acumular 40 litros en 12 horas. A Xunta activou o aviso laranxa por vento do sur na costa da Coruña e nas Rías Baixas entre as 18.00 e as 00.00 horas do mércores. As baixas presións predominarán ata o venres, cando se agarda unha xornada de transición atmosférica para dar paso ao tempo seco. Galicia esquivará a cicloxénese que afectará á península o venres e que traerá un temporal de chuvia e neve.

As temperaturas aumentaron este martes polos ventos do sur. Desta maneira, Ourense poderá rexistrar ata 19 graos en pleno xaneiro, e Ferrol, A Coruña, Vigo e Pontevedra, 18. Os ventos aumentarán en intensidade e soprarán con forza a partir do mediodía deste martes. O aviso amarelo está activado en toda Galicia dende as 15.00 horas por fortes ventos. Na Costa da Morte e Rías Baixas, as ondas acadarán de catro a cinco metros de altura de cara o mércores, cando o centro da borrasca se vai atopar moi preto de Galicia.

Publicidade

A fronte descargará precipitacións en toda a comunidade, de carácter forte nalgunhas ocasións, diminuíndo en frecuencia e intensidade cara a tarde, segundo informa MeteoGalicia. As temperaturas máximas descenden, pero as mínimas soben. Lugo será a provincia cos valores máis baixos con 10 graos. O vento soprará forte do suroeste, con refachos especialmente intensos no litoral e zonas altas do interior.

Nun artigo en eltiempo.es Marta Almarcha apunta que o xoves entrará unha nova borrasca por Portugal que afectará especialmente á metade oeste peninsular. Da mesma manera, outra fronte atlántica aproximarase ao suroeste da península. En Galicia agárdanse precipitacións para toda a xornada do xoves — serán de carácter máis débil no noroeste—, pero non serán tan intensas como os días anteriores provocadas pola borrasca Irene. Iso si, baixarán as temperaturas coa chegada do vento do nordés, que rexistrará intervalos fortes no litoral norte.

Publicidade

MeteoGalicia explica que a comunidade quedará nunha “situación intermedia” entre a borrasca ubicada sobre Portugal e as altas presións ao norte da península. Así, os ceos despexaranse ao longo do día do venres de oeste a este. As temperaturas volven descender, especialmente as mínimas: Lugo chegará aos -1 graos e, segundo a previsión do organismo autonómico, Galicia non superará os 13 que se rexistrarán en Vigo e Pontevedra. A probabilidade de chuvia a partir do sábado é moi baixa e estímase que o tempo seco se estenda ao longo da semana que vén. Ademais, subirán as temperaturas polos ventos de compoñente sur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia