Que atopou a Voyager 2 cando cruzou ao espazo interestelar?

A revista Nature Astronomy publica cinco estudos cos datos enviados pola sonda cando abandonou a heliosfera

A sonda Voyager 2 estivo viaxando polo espazo 42 anos. O 5 de novembro do ano pasado cruzou ao espazo interestelar. Esta semana presentáronse cinco estudos nos que se analizaron os primeiros datos obtidos desta transición. Os cinco artigos foron publicados no último número de Nature Astronomy.

Os documentos confirman que a entrada da sonda no espazo interestelar foi rexistrada o 5 de novembro de 2018, a unha distancia de 119 veces a que separa a Terra do Sol. Os estudos proporcionan detalles sobre as características da heliopausa: a estrutura solar máis externa e o límite entre a heliosfera e o espazo interestelar.

Publicidade

A Voyager 2 é a segunda nave que viaxa máis aló dos confíns da heliosfera. Foi lanzada un pouco antes que a súa xemelga Voyager 1 en 1977 e estivo viaxando polo espazo durante os últimos 42 anos. A Voyager 1 cruzou ao espazo interestelar no 2012 e achegou información valiosa sobre a rexión da heliopausa. Con todo, os danos no seu instrumento de plasma fixo que non se puidesen recompilar datos completos sobre a transición.

Gráfico coa sonda Voyager 2 abandonando a heliosfera.

Agora, os científicos teñen máis sorte. As medicións iniciais tomadas a partir da Voyager 2 ao cruzar ao espazo interestelar resaltan as similitudes e diferenzas coa transición da súa xemelga. A diferenza da información achegada pola Voyager 1, as lecturas dos instrumentos da Voyager 2 suxiren un límite de heliosfera máis delgado e suave cun campo magnético interestelar máis forte máis aló do mesmo.

Nun dos artigos, o equipo de John Richardson, investigador do Kavli Institute for Astrophysics and Space Research do MIT, indica que a transición a través da heliopausa efectuada pola Voyager 2 ocorreu en menos dun día e que o medio interestelar máis próximo ao límite é máis quente e variable do esperado.

Noutro estudo, Edward Stone, do California Institute of Technology (CALTECH), informa sobre observacións que apuntan á existencia dunha capa entre a heliopausa e o espazo interestelar onde interactúan os ventos solares e interestelares. Esta capa non foi observada por Voyager 1.

En conxunto, os resultados suxiren que algunhas das diferenzas entre as transicións da Voyager 1 e a Voyager 2 poden deberse a cambios no nivel de actividade do Sol; outras poden estar relacionadas coas diferentes traxectorias das naves espaciais.

Aínda hai preguntas sen resposta sobre as propiedades do espazo interestelar, e as estruturas das rexións inexploradas máis afastadas do Sol son obxecto de discusión. “Este debate só pode resolverse mediante observacións máis directas da nave espacial Voyager a medida que se penetra no espazo interestelar, explorando novas rexións e enviando datos novos e únicos”, escribe R. Du Toit Strauss nun artigo adxunto de News & Views.

Aquí podes ver os artigos publicados en Nature Astronomy:

“Voyager 2 plasma observations of the heliopause and interstellar medium”. Nature Astronomy

“Plasma densities near and beyond the heliopause from the Voyager 1 and 2 plasma wave instruments”

“Magnetic field and particle measurements made by Voyager 2 at and near the heliopause”

“Energetic charged particle measurements from Voyager 2 at the heliopause and beyond”

“Cosmic ray measurements from Voyager 2 as it crossed into interstellar space”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA anuncia que haberá mais tormentas xeomagnéticas coa chegada do máximo solar

O cambio de ciclo do Sol, producido cada 11 anos, afecta á frecuencia e intensidade dos distintos fenómenos que acontecen na estrela: de que xeito inflúe isto na Terra?

A NASA xa ten resposta para as sorprendentes “arañas” que cobren a superficie de Marte

Investigadores estadounidense recrean nun laboratorio o proceso que dá lugar ás estrañas formas captadas polos satélites no planeta vermello

A visualización da NASA que alerta do quecemento global: “O peor está por chegar”

A axencia espacial estadounidense advirte que a última década foi a máis cálida dende que hai rexistros

Cantos meteoritos impactaron contra a Terra? Descúbreo neste mapa interactivo

A ferramenta da NASA recompila a información recollida polos seus sensores dende 1988 e actualízase periodicamente