Os corais mariños tamén se poden ver dende o espazo

A astronauta da Axencia Espacial Europea Samantha Cristoforetti divulga unhas imaxes satélite sobre grandes arrecifes

Os corais mariños non son só un espectáculo que se pode desfrutar debaixo da auga. As últimas fotos satélite publicadas pola Misión Minerva da Axencia Espacial Europea revelan a magnitude dalgúns dos arrefices máis grandes do planeta. As imaxes divúlgaas a astronauta italiana e líder da misión Samantha Cristoforetti no seu perfil de Twitter: “Os arrecifes de coral son unha vista incrible dende o espazo, igual que tamén o son na Terra. Albergan unha diversidade alucinante de vida mariña. Algúns chámanos bosques tropicais do mar. É triste pensar que vamos camiño de perder a maioría dos arrecifes de coral do mundo debido ao quecemento global“, lamenta dende a Estación Espacial internacional onde se atopa dende o mes de abril.

Ese escenario de desaparición que marca Cristoforetti non é unha esaxeración. O incremento da temperatura das augas dos mares e océanos está a provocar episodios graves de branqueamento dos corais mariños. Iso supón a súa morte biolóxica e os datos non minten: máis da metade dos arrecifes máis grandes de Xapón ou o da Gran Barreira australiana xa desapareceron. Mais non está todo perdido, prosegue Cristoforetti: “Os investigadores están a buscar a composición xenética das especies que poden soportar mellor a calor. A recolocación de corais máis resistentes a estas temperaturas en áreas en perigo podería axudar algún día a mudar a situación. Unha desas especies de coral naturalmente máis resistentes á calor vive no Mar Vermello”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

O efecto das chuvias: a imaxe satelital de Copernicus que revela a enchente do río Miño en Lugo

O Sentinel-1 da Axencia Espacial Europea capta dende órbita o aumento de caudal ao seu paso por Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude