O solpor do Everest, desde a Estación Espacial

Os astronautas captan desde 400 quilómetros de altura as últimas raiolas de Sol sobre as montañas máis altas do planeta Terra

Os raios de Sol que incidiron sobre o anaco de terra firme máis elevado no planeta foron captados o pasado 11 de febreiro polos astronautas da Espación Espacial Internacional (ISS). Desde máis de 400 quilómetros de altura, pouco antes das 12 do mediodía GMT (hora de Greenwich), retrataron como sobre o Everest (8849 metros) e outros cumios próximos que tamén superan os 8.000 metros de altura, como o Lhotse ou o Makalu, se despedía o día. Nese momento, a Estación Espacial Internacional xa voaba a centos de quilómetros de distancia do Himalaia, pois a fotografía foi realizada sobre o golfo de Bengala.

Podes descargar a imaxe con maior resolución aquí.

Publicidade

A perspectiva que se acada desde a altitude á que orbita a nave achega imaxes espectaculares do planeta Terra, que en ocasións tamén retratan o recuncho noroeste da península ibérica no que se atopa Galicia. Agora mesmo, a bordo están os astronautas Kate Rubins, Victor Glover, Soichi Noguchi, Sergey Ryzhikov, Michael Hopkins, Shannon Walker e Sergey Kud-Sverchkov.

Galicia, como nunca a viras desde a Estación Espacial Internacional

A Estación Espacial retrata ata o último recuncho de Galicia

Así se ve Galicia dende a Estación Espacial Internacional

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

O galego que estuda en Ártico, Antártida e Himalaia plantas tolerantes a ambientes extremos

Xurxo Gago Mariño: "Traballar con especies tan difíciles é todo un desafío"