O longo camiño do ualabí que apareceu en Oia

O animal é coñecido por varios veciños da zona, que teñen un núcleo zoolóxico cos permisos adecuados para o seu coidado e mantemento

Un coche vai circulando por unha estrada en Oia e, de súpeto, atópase cunha especie de canguro. O vídeo capta un ualabí, un tipo de marsupial propio de Australia e de Nova Zelandia. En apenas unhas horas, este clip fíxose viral nas redes, poñendo o concello pontevedrés no centro dos focos. Pero, por que estaba aí?

O marsupial xa é coñecido por varios veciños da zona. De feito, a persoa que o atopou avisou os seus donos, que teñen un recinto amplo onde coidan a diversos tipos de animais. O ualabí xa se atopa en perfecto estado e na finca de onde procedía. A Garda Civil e o Seprona confirmaron que as condicións dos animais eran as adecuadas e de que simplemente se trataba dun incidente normal. Ou, polo menos, todo o normal que pode ser atopar un marsupial un xoves conducindo por Oia.

Publicidade

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla