O fume dos incendios de Norteamérica cruza o Atlántico e tapa o ceo galego

A fumareda dos lumes que arrasan o oeste de Canadá é empuxada ata Europa e ocasiona unha lixeira bruma en varias zonas da península

Este ano os lumes están arrasando Canadá este agosto. Aínda que esta tempada de incendios forestais semella ser máis moderada respecto a anos anteriores, o país chegou a afrontar ata 900 lumes activos simultaneamente este mes, maioritariamente no oeste do país. As consecuencias deste gran número de incendios non se mantén nos límites canadenses, senón que chegan a Galicia en forma de fume. Así, este luns, que ía ter ceos despexados, deixou paso a unha lixeira bruma que ocultaba o sol.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) confirmaba a través do seu perfil na aplicación X as sospeitas: “Durante todo o día de hoxe os ceos víronse esbrancuxados, pero non eran nubes altas nin po en suspensión procedente do Sáhara”, advertiu o organismo. “É fume procedente de incendios en Canadá”, informou a través da rede social, pois estes gases foron empuxados cara a Europa a través do Atlántico.

Publicidade

Por outro lado, o usuario David Domínguez, @RedmeteoP, anunciaba que “non é a primeira nin a última vez” que ocorre un suceso coma este, lembrando deste xeito o ocorrido en xuño do ano pasado, cando os incendios forestais de Canadá conseguiron a súa cifra récord, queimando 17 millóns de hectáreas. Con todo, non é un fénomeno que precise unha alerta, e irase retirando pouco a pouco nos próximos días, ou horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla