A NASA detecta un enorme burato no Sol

O Observatorio de Dinámica Solar capta un vídeo do fenómeno e prognostica tormentas xeomagnéticas nos vindeiros días

Un enorme burato coronal está lanzando unha gran cantidade de vento solar cara a Terra. Segundo o Observatorio de Dinámica Solar (SDO, polas súas siglas en inglés), unha misión que depende da NASA, espérase que impacte no planeta durante o mediodía deste luns. O físico solar Alex Young, que traballa na entidade estadounidense, prognostica que se producirá unha tormenta xeomagnética G2, é dicir, de actividade moderada. O fenómeno prolongarase ata este martes, 5 de decembro, cando se agardan tormentas G1 e, polo tanto, de menos intensidade. Toda esta actividade solar, provocada por un gran burato na súa atmosfera, pode traducirse en auroras boreais de cara aos vindeiros días.

Nun vídeo publicado polo SDO pódese ver claramente o enorme burato coronal de miles de quilómetros. Esta observación é posible grazas a unha nave semiautónoma orientada cara ao Sol que permite estudar a nosa estrela. Enmárcase no SDO, un programa deseñado para comprender as causas da variabilidade solar e dos seus impactos na Terra. Desde modo, o observatorio da NASA, lanzado en 2010, trata de entender como se xera e se estrutura o campo magnético do Sol e como a enerxía magnética almacenada se converte e se libera en forma de vento solar que impacta na Terra provocando tormentas xeomagnéticas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Galicia perde ata a metade das horas de sol nun xaneiro marcado polas borrascas

Un gráfico elaborado polo climatólogo Dominic Royé amosa que foi o segundo máis escuro da serie históricadende 1984, só superado por 1996

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Por que a Terra “incha” e “desincha” cada 20 minutos? Estas son as consecuencias do gran terremoto de Rusia

Tras o terremoto de magnitude 8,8 o 30 de xullo de 2025, a superficie terrestre experimenta oscilacións periódicas pola liberación de enerxía e movementos das ondas sísmicas