Un río atmosférico e un chorro polar impactarán en Galicia na ponte de decembro

A entrada de varias borrascas e vaguadas descargarán precipitacións ao longo de toda a semana. O único día de tempo estable será o martes

Galicia afronta a primeira semana de decembro co paso dun anticiclón que dará unha pequena tregua á chuvia. As altas presións abrirán os ceos de maneira transitoria durante a xornada do martes, xa que o mércores o territorio estará no “limiar do radio de acción dunha borrasca moi profunda localizada no Atlántico norte”, explica MeteoGalicia. O paso de varias borrascas e vaguadas cubrirán os ceos e descargarán precipitacións ao longo de toda a semana. Nalgúns puntos agárdanse nevadas dende este luns por enriba dos 1.200 metros. O chorro polar traerá frío e un río atmosférico que chega o xoves intensificará as chuvias. Co cal, agárdase unha ponte de decembro pasada por auga.

Os ceos deste luns estarán cubertos en toda a comunidade. As chuvias, intermitentes, irán remitindo ao longo da tarde. Durante a xornada entra aire frío, de maneira que os termómetros descenderán progresivamente. O martes predominará a estabilidade atmosférica en toda a comunidade. Será o único día no que non se agardan precipitacións. As altas presións despexarán os ceos, pero baixan as temperaturas mínimas. O tempo anticiclónico será moi breve, xa que o mércores volven os ceos cubertos e as chuvias, que serán máis intensas pola tarde. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Publicidade

Desta maneira, as previsións apuntan a que o xoves será unha xornada de chuvia e que a fin de semana haberá precipitacións, pero tamén intervalo secos. O río atmosférico impactará entre o xoves e o venres. “Arrincará practicamente dende o Caribe, polo que as precipitacións se reforzarán en boa parte do país. Serán localmente intensas e persistentes en Galicia, Sistema Central e cara sur do Pirineo”, apuntan dende Meteored. Os acumulados poderán pasar dos 200 l/m² na comunidade.

https://twitter.com/MeteoGalicia/status/1731288369383018509?s=20

En conclusión, a primeira semana de decembro trae tempo moi cambiante para Galicia, cada día é distinto do anterior. As máximas non superarán os 14 graos e variarán dependendo da provincia. Neste senso, Vigo e Ourense son as cidades coas temperaturas máis altas e Lugo coas máis baixas. De momento, o litoral da Coruña e Pontevedra están en alerta amarela por grandes ondas e vento no mar, pero non se prevé que a inestabilidade tome cariz de temporal en terra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño

▪️ O episodio de calor dispara os termómetros: toda Galicia rexistrará máximas por enriba dos 30 graos

MeteoGalicia activa avisos amarelos que afectarán especialmente no interior, onde tamén se agardan tormentas localmente fortes con sarabia