Un libro de fotos de Galicia baixo as estrelas

A calidade da astrofotografía feita en Galicia é indiscutible. Nos últimos anos, moitos autores teñen recibido importantes recoñecementos internacionais polas imaxes do ceo tomadas tanto aquí como noutros lugares do planeta. Daniel Llamas e Daniel Lois, impulsores do colectivo Enfoque Nocturno, son dous deles. E ambos acaban de lanzar o libro Galicia; Un lugar mágico para contemplar las estrellas.

Conta Daniel Llamas que a editorial Ludica 7, que publica o libro, contactou con eles despois dos recoñecementos recibidos nos últimos dous anos, como os ND Awards, The World At Night ou o MEDCLIC Oceans Photo Contest. “Creo que o libro reflicte a paixón que sentimos pola fotografía e pola nosa terra”, di Llamas.

Publicidade

Unha das páxinas do libro.

O traballo consta de 100 imaxes tomadas nos últimos seis anos polos dous fotógrafos. Están impresas nun papel de gran calidade (páxinas de 150 g.), tapa dura de 21,5 x 26 cm. e 228 páxinas. Nel amósase a calidade das zonas de Galicia que aínda están libres de contaminación luminosa, e destácanse tamén os destinos Starlight como A Veiga ou as Illas Atlánticas e outros faros, montes, ermidas e bosques do país.

A obra recolle tamén varios prólogos, de xornalistas como Manolo Rodríguez e do astrónomo José Ángel Docobo, director do Observatorio Ramón María Aller da USC. Tamén recolle unha entrevista cos autores nos que explican como desenvolven o seu traballo.

Publicidade

O libro xa se pode reservar a través da editorial, no enderezo info@ludica7.com, e chegará as librarías de varias cidades galegas a comezos de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado