A fareira de Vilán, Cristina Fernández, é a protagonista da imaxe "Contemplando el hogar". Créditos e copyright: Daniel Llamas.
A fareira de Vilán, Cristina Fernández, é a protagonista da imaxe “Contemplando el hogar”. Créditos e copyright: Daniel Llamas.

O fotógrafo galego Daniel Llamas, que hai uns meses recibiu unha mención de honra no concurso The World At Night grazas a unha foto do cabo Fisterra, volve situar a Costa da Morte no mapa da astrofotografía ao resultar gañador absoluto do certame MEDCLIC Oceans Photo Contest, impulsado pola Obra Social La Caixa e o Sistema de Observación e Predición das Illes Balears (SOCIB), con motivo do Día Mundial dos Océanos.

A temática do concurso xiraba en torno ao mar, polo que Llamas decidiu presentar unha imaxe que tivera como protagonista á Costa da Morte. A obra “Contemplando el hogar” foi realizada no Cabo Vilán de Camariñas, nun dos tramos máis abruptos e salvaxes deste litoral. No centro da imaxe aparece retratada a fareira do Vilán, Cristina Fernández. “A diferenza da maior parte das miñas fotos, a protagonista non é a Vía Láctea nin o faro. É Cristina. Ela é o mensaxe da foto, o seu espírito e o que representa o faro como fogar para ela”.

Como en outras ocasións, a dificultade técnica da fotografía pon aínda máis en valor o traballo de Llamas. “A linterna do faro, a limitación da composición ao haber só un lugar onde poder realizar a foto, debido ao terreo escarpado, o vento, a meteoroloxía, os visitantes nocturnos con linterna, os focos do edificio do faro, os coches e  as autocaravanas…”, conta Daniel. Ante todo isto, Daniel tivo que achegarse en catro ocasións ata o cabo, percorrendo un total de 800 quilómetros entre ida e volta. “Máis de 12 horas no coche, 16 horas no cabo e outras tantas de procesado”, conta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.