Dani Caxete, finalista por quinto ano consecutivo do prestixioso premio APY

Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete
Créditos da imaxe e copyright: Dani Caxete

O fotógrafo viveirense Dani Caxete recibiu un novo recoñecemento pola súa espectacular imaxe da lúa tomada na serra de Madrid. Despois que a NASA escollera hai uns meses esta imaxe como a foto do día e de ser seleccionada no certame TWAN, o premio chega agora da prestixiosa institución Royal Museums Greenwich, que engloba aos catro museos situados neste municipio londinense. Caxete foi escollido, por quinto ano consecutivo, entre os finalistas do Astronomy Photographer of the Year, na categoría de “Xente e Espacio”.

No seu blog, Caxete relata o proceso de realización desta imaxe, na que contou coa colaboración dun compañeiro. Tivo que realizala sen trípode, porque o esqueceu na casa, así que se apoiou no petril da estrada, a poucos centímetros dos vehículos que transitaban pola zona. Pola súa parte, o xurado cualificou a imaxe de “impresionante”, a medio camiño entre “un filme de Hollywood e unha novela gótica”. Engaden que “a silueta do amigo do fotógrafo toma a forma dun extraterrestre chamando a casa ou dun home lobo ouveando”. Medios como a BBC ou The Guardian recollen a foto do galego nas súas galerías.

Publicidade

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A eclipse solar vista dende o espazo: así é a sombra que se proxectou sobre a Terra

As imaxes do Meteosat de terceira xeración, tomadas a 36.000 quilómetros de altitude, amosan o camiño da Lúa xusto antes da chegada da noite

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Estas son as fotos do ceo máis sorprendentes do ano

O concurso anual do Observatorio Real de Greenwich outorgará dous premios especiais e outro ao mellor astrofotógrafo o día 15 de setembro