Investigadores de Santiago presentan a Guía dos Elementos Químicos

O libro ‘Guía dos elementos químicos. Historia propiedades e aplicacións’, unha obra colectiva de carácter divulgativo na que participaron como autores os profesores do Departamento de Química Inorgánica da USC e integrantes do grupo de investigación Suprabioin Manuel Rafael Bermejo Patiño, Ana María González Noya e Marcelino Maneiro Maneiro, compila ampla información sobre a historia e as aplicacións dos elementos incluídos na táboa periódica.

Unha das novidades desta obra, editada en galego e financiada pola Xunta de Galicia a través do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, afecta ao feito de que inclúe todos os elementos da táboa periódica, desde os máis antigos, tales como o ouro, cuxo descubrimento se remonta a máis de 8.000 anos, ata as incorporacións máis recentes, como o son o Nihonio, Moscovio, Téneso ou Oganesón, elementos que foron incorporados en 2016, segundo indicou o profesor Marcelino Maneiro.

Publicidade

Outra das particularidades desta obra está na amplitude da información compilada respecto das propiedades e aplicacións dos elementos que conforman a táboa periódica, unha ferramenta de máxima relevo para os químicos, salientou Marcelino Maneiro, para logo engadir que este guía divulgativa dos elementos químicos achega datos respecto das utilidades e aplicacións máis tradicionais de cada un dos elementos da táboa periódica, ao tempo que aporta tamén datos respecto dos novos usos e potenciais aplicacións destes mesmos elementos a través do emprego de novas técnicas e tecnoloxías.

O decano da Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, José Manuel Martínez Ageitos, presidiu o acto de presentación do libro, no marco dunha concorrida sesión na que, ademais dos autores da obra, tamén participou Manuel González, coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS