Google inclúe as bateas de Arousa nas 1.000 paisaxes máis impresionantes da Terra

A última actualización das paisaxes de Earth View recolle unha imaxe tomada por satélite dun polígono bateeiro entre A Illa e Vilanova

As ferramentas de visualización do planeta que ofrece Google marcaron un antes e un despois na posibilidade de ver desde unha pantalla numerosos lugares do planeta. Sexa a través de ferramentas como Earth, Maps ou Street View, calquera persoa con acceso a Internet pode viaxar e descubrir paisaxes fascinantes. Con toda a bagaxe de información percorrida, o xigante da internet acaba de difundir unha ferramenta interactiva na que comparte unha selección de 1.000 das paisaxes máis impresionantes do planeta observadas desde o espazo mediante Earth View. E entre elas aparece unha fotografía das bateas da ría de Arousa cun barco cruzando a través delas.

Esta ferramenta recolle milleiros de paisaxes fascinantes arredor do planeta, vistas desde o espazo. A colección leva anos dispoñible na rede para os usuarios, podendo ser usada como fondo de pantalla para os diferentes dispositivos dependentes de Google.

Publicidade

A última actualización, que inclúe a imaxe de Arousa, mellora a resolución, que acada o 4K, e pon a disposición de calquera persoa todas estas fotografías. A imaxe está tomada, segundo as coordenadas facilitadas por Google, nun dos polígonos de bateas situados entre A Illa e Vilanova, ao norte da ponte.

Earth View color map

Filter more than 2,500 Earth Views by color or region

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

A IA de Google aprende galego: “É vital falalo para que a tecnoloxía non sexa unha barreira”

Gemini 3 integra o idioma por primeira vez, nunha actualización que reforza a comprensión multimodal á altura de competidores como ChatGPT e Copilot

Catro estudantes da ESO galegas presentarán un proxecto na ONU para protexer os mares

A súa proposta, titulada QUITINA, procura dar solución á acumulación de residuos plásticos procedentes das bateas de mexillón

Así é o verme acordeón, a nova especie velenosa descuberta na ría de Arousa

O invertebrado ten a capacidade de contraerse ata unha quinta parte da súa lonxitude formando aneis similares aos das sambesugas