Venres 19 Abril 2024

Así é a árbore da morte: froita velenosa e zume que queima a pel

A "Hippomane mancinella", presente no Caribe, é unha das árbores máis perigosas do mundo e hai carteis arredor dela para avisar do risco

Quen percorre os bosques galegos cada inverno na procura de cogomelos sabe moi ben da importancia de estudar con detalle cada unha das especies para non levar unha sorpresa desagradable. Millóns de anos de evolución levaron a que os fungos e os vexetais teñan desenvolvidas características moi peculiares para protexerse de depredadores. E noutras partes do planeta tamén nos podemos atopar con algunha árbore a que é mellor non achegarse sequera. A Hippomane mancinella está, sen dúbida, entre as máis perigosas do mundo. Tanto o seu froito, semellante a unha mazá, como o tronco e as follas conteñen substancias capaces de xerar graves lesións na pel e as mucosas.

Os habitantes destas zonas coñecen moi ben a árbore, bautizada como “árbol de la muerte” ou “manzanilla de la muerte” en castelán en toda a faixa caribeña na que se pode atopar. Non en tanto, e para previr incidentes que teñen acontecido no pasado con algúns turistas, arredor dos exemplares adoita haber un perímetro de precaución e sinais advertindo do seu risco. Mesmo é perigoso cubrirse baixo as súas pólas se chove, xa que os compostos que posúe poden diluírse na auga e afectar a pel.

Publicidade

Sinal que advirte da presenza da "árbore da morte". Fonte: JvL/CC BY 2.0
Sinal que advirte da presenza da “árbore da morte”. Fonte: JvL/CC BY 2.0

Esta árbore pertence ao xénero Euphorbia, e produce un zume espeso e de aparencia leitosa presente en todas as partes: a codia, as follas e a froita. Entre as diversas toxinas, as reaccións máis graves están causadas polo forbol, soluble na auga, o que incrementa o perigo de achegarse a calquera parte destes exemplares. Do mesmo xeito, algúns informes falan tamén de lesións oculares ao estar en contacto co fume procedente da queima da madeira. A pesar da toxicidade, a madeira pode ser usada despois de ser cortada e secada con coidado ao sol ata que desaparezan os zumes velenosos. O máis perigoso é, sen dúbida, consumir a froita, xa que os danos no aparello dixestivo poden ser irreversibles.

Con todo, esta especie cumpre ao tempo un importante papel nos ecosistemas caribeños, xa que a forza das súas raíces contribúe a frear a erosión costeira no litoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gastroenterite, non cólera: estes son os motivos polos que se confudiu o caso de Toledo

A microbióloga María Tomás asegura que houbo unha "sospeita razoable" porque as doenzas están causadas pola mesma bacteria

A marea vermella tóxica de 2018: un fenómeno cada vez máis probable nas Rías Baixas

Un equipo galego publica un estudo para afondar nas condicións que propiciaron un evento "sen precedentes" nas rías de Vigo e Pontevedra

Os riscos de comer só froita: por que é perigosa a dieta que seguiu Pione Sisto?

O futbolista do Celta confesou que tivo que abandonar unha dieta a base de froita porque "todo se volviu demasiado intenso"

Kalandraka publica dous libros ilustrados de divulgación infantil

"Inventario de froitas e verduras" e "Viaxeiros" afondan no coñecemento dos vexetais e os animais migratorios