Galería: Galicia baixo o manto da neve e do xeo

Nas montañas do Courel, dos Ancares e Trevinca as nevaradas deixan imaxes espectaculares

Temperaturas por baixo dos -10º en varios municipios galegos e un aviso laranxa de Meteogalicia polos xélidos rexistros que se esperan nos termómetros este sábado. Galicia quedou fóra da influencia da borrasca Filomena, pero vive unha vaga de frío polar que deixou neve e xeo especialmente nas montañas de Lugo e Ourense.

Así aparecía o hotel rural Fonte da Cova, nun lugar moi visitado polos montañeiros que queren alcanzar o cume de Pena Trevinca, o teito de Galicia. A foto, compartida por Meteolobios, é unha espectacular imaxe tomada por Montse García.

Publicidade

Hotel de Trevinca. Valdeorras. Ourense. Espectaculares fotos de Montse Rodriguez.

Nos Ancares, a vista das pallozas do Piornedo semellaba case imposible, pola acumulación de neve que oculta case ata os teitos. As imaxes compartidas en redes pola Cantina Mustallar e polo Hotel Piornedo, dous clásicos da zona para turistas e montañeiros, tamén asombran pola acumulación de neve, de con máis dun metro de altura nalgunhas zonas.

A neve cobre as pallozas do Piornedo, nesta imaxe compartida polo Hotel Piornedo.

Outro tanto acontece no hostal Campa da Braña, tamén nos Ancares, preto da subida aos Tres Bispos, onde compartiron imaxes do manto de neve que ocupa toda a paisaxe.

Publicidade

No hostal Campa da Braña, nos Ancares, a neve cobre a paisaxe.

No Courel, a situación é similar tras recibir fortes nevaradas. As imaxes compartidas polos guías de turismo de Pía Paxaro, que organizan roteiros de natureza pola serra e outras actividades, mostran tamén como a neve é a protagonista estes días.

 

1 comentario

  1. Aínda que supoño que é unha errata, é importante sinalar que O Courel está na montaña lucense, non na de Ourense.
    Un saúdo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro