Luns 27 Maio 2024

Sen Filomena, pero con moito frío e neve: -13ºC e a cota caerá a 300 metros

Un corredor de ventos do norte traerá na madrugada do venres ao sábado temperaturas moi baixas, con avisos no interior do territorio

Moitos ollos na península ibérica están postos na borrasca Filomena. No seu tránsito desde as Illas Canarias, onde xa causou problemas, o temporal móvese en dirección nordeste cara territorio peninsular, deixando un mapa de avisos e alertas que chegan ao nivel vermello nas mesetas e no suroeste de España. Máis de 20 centímetros de neve en menos de 24 horas, mínimas por baixo dos -20ºC… De cumprirse a previsión, o centro da península estaría ante un dos meirandes temporais dos últimos anos. Galicia non se verá afectada directamente por Filomena (de feito, a Axencia Estatal de Meteoroloxía sitúaa como a  zona menos afectada) pero o frío acumulado nestes días na atmosfera está deixando tamén pegada, e poderá aparecer a neve esta fin de semana.

As temperaturas mínimas están acadando valores moi baixos: esta mañá, en Baltar chegouse aos -13,2ºC, en Calvos de Randín aos -13,1ºC, en Verín aos -10,6 e na Veiga aos -10,1ºC. En case toda Galicia, por mor do aire frío procedente do ártico e a estabilidade que achega o anticiclón, houbo importantes xeadas que levaron o termómetro baixo cero. Só estiveron por riba deste valor as zonas de costa.

Publicidade

Neve a 300 metros

Porén, ás xeadas poderían sumarse durante a madrugada do venres ao sábado un episodio de neve en cotas excepcionalmente baixas. Segundo explica a previsión de MeteoGalicia, ao atoparse Galicia “nunha situación intermedia entre as altas presións do Atlántico e a borrasca do Mediterráneo”, o que “propicia a formación dun corredor de ventos do norte que traerán aire aínda máis frío que o de xornadas anteriores”, o que provocará chuvias na metade norte que, combinadas co frío, deixarán a cota de neve arredor dos 300-500 metros.

O mapa de avisos para a madrugada do sábado apunta a temperaturas baixo cero na beira pontevedresa do Miño e as comarcas do interior da provincia. Na montaña de Lugo e Ourense, o nivel amarelo actívase tamén por temperaturas inferiores a -6ºC e refachos de vento superiores a 80h km/h, o que fará moito máis intensa a sensación térmica de frío. No sur da provincia de Ourense, onde esta pasada madrugada xa se caeu dos -10ºC, as xeadas volverán ser intensas, polo que se activa o aviso laranxa.

A situación no mar tamén se complicará.  Así, entre a ría de Muros e Noia e Bares haberá aviso laranxa por vento no mar de forza 8 entre as 18h e a medianoite do sábado. No resto do litoral, o aviso será amarelo po ventos de forza 7. Estes refachos intensificarán tamén a sensación térmica de frío.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A iniciativa dun profesor universitario para frear a deterioración ambiental en Galicia

Óscar Briones pon o foco nos concellos e propón blindar o territorio para evitar o impacto negativo en zonas tensionadas como as Rías Baixas

A enerxía eléctrica foi a maior fonte de gases de efecto invernadoiro en Galicia en 2022

A actividade deste sector produciu 2,2 megatoneladas de emisións no territorio galego, cun forte impacto da empresa Repsol

O tempo cambiará de maneira radical en Galicia: volve a chuvia e caen as temperaturas 10 graos

A partir do luns, unha fronte fría asociada a unha borrasca atravesará a comunidade

A fronteira con Portugal é a área de Galicia con maior presenza do mosquito da malaria

O insecto leva anos na comunidade pero o parasito non está en circulación, polo que o risco de transmisión autóctona é baixo