Publicidade
Mércores 14 Maio 2025
Publicidade

A Unidade de Tabaquismo da USC inicia un programa en liña para deixar de fumar

A iniciativa, gratuíta, está impulsada por investigadores da Facultade de Psicoloxía e ofrece un plan paulatino para frear a adicción

O novo ano pode ser momento de marcarse propósitos e obxectivos, moitas veces ligados á saúde. Para moitas persoas, o tabaquismo é un problema de adicción con consecuencias na saúde que, co apoio e a vontade precisas, pode superarse. Para contribuír a mellorar a saúde da cidadanía, ao tempo que adaptándose ás circunstancias derivadas da pandemia da Covid-19, a Unidade de Tabaquismo e Trastornos da USC desenvolve, a través dunha plataforma en liña, o seu programa para deixar de fumar facilmente. Deste xeito, as persoa interesadas poden seguir o tratamento dende a súa casa, semana a semana, mediante o o mesmo sistema que o utilizado nas sesións presenciais.

O Programa para Deixar de Fumar Online desenvólvese de maneira grupal e é gratuíto. Para participar so é preciso formalizar a inscrición e dispor dun dispositivo electrónico (tableta, ordenador ou teléfono móbil), a través do que se poderá interactuar persoalmente e seguir as instrucións que se achegarán semanalmente.

Publicidade

O programa, gratuíto, consta de oito sesións semanais dunha hora de duración

O programa consta de oito sesións, dunha hora de duración e unha vez por semana, que se celebrarán a través de vídeo chamada. Nesta sesións aplicarase o tratamento psicolóxico deseñado nos último anos baixo a dirección do profesor Elisardo Becoña, quen destaca o “seu alto nivel de eficacia e de referencia a nivel nacional e internacional pola súa facilitade para seguilo”, así como a súa “aceptación por parte das persoas fumadoras”. Como sinala, máis de 15.000 persoas teñen sido tratadas a través deste programa.

Semana a semana, explica o profesor Becoña, as persoas fumadoras farán unha redución da cantidade de nicotina consumida, establecendo o número de cigarros que poden fumar diariamente. Deste xeito, é posible “deixar de fumar sen padecer os síntomas da síndrome de abstinencia (enfado, ira, tristeza, ansiedade,…)”. Tamén se prestarán atención ás situacións e hábitos asociadas ao consumo de tabaco (momentos de ocio, café,…). Con carácter semanal, o equipo da Facultade de Psicoloxía proporcionará diferentes ferramentas psicolóxicas “que resultarán de axuda no proceso de abandono do tabaco, así como no manexo da ansiedade e do estado de ánimo ou evitar situacións de risco de recaída”, aclara o doutor Becoña.

Publicidade

Con anterioridade ao inicio do tratamento, ás persoas interesadas participarán nunha entrevista e unha avaliación para coñecer cada caso en particular e as súa motivacións e así personalizar o tratamento. Unha vez finalizado, o equipo da Unidade de Tabaquismo realiza un seguimento ao longo dun ano para realizar apoio e axuda se fora precisa e solucionar posibles dúbidas e problemas que poidan ir xurdindo co tempo.


Para información máis detallada, as persoas interesadas poden dirixirse ao teléfono 881 81 39 39, aos correos electrónicos elisardo.becona@usc.es ou ana.lopez@usc.es ou tamén poden consultar a páxina web da Unidade de Tabaquismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo fármaco reduce os síntomas previos a xaquecas como sensibilidade á luz ou mareos

O medicamento, en fase de probas, amosouse efectivo para combater o malestar que precede a un forte ataque de dor de cabeza

Un descubrimento galego acha novas claves para frear o avellentamento

Un estudo do CiMUS apunta ás dietas de restricións calóricas como base para evitar certas mutacións nas mitocondrias

O desamor doe: pode o paracetamol aliviar un corazón roto?

Varios estudos conclúen que o rexeitamento social desencadea reaccións no corpo e no cerebro semellantes ás da dor física

O 20% dos nenos galegos sofren alerxias, cos ácaros do po como a máis habitual

O cambio climático e o conxunto de factores aos que estamos expostos favorecen o incremento de persoas que a sofren