Estas son as primeiras imaxes do cometa verde que viron por última vez os neandertais

O 1 de febreiro será o mellor día para observalo pola súa proximidade ao noso planeta

Un cometa de cor verde brillante achegarase á Terra por primeira vez en 50.000 anos. No hemisferio sur xa se pode observar desde hai uns días este particular corpo celeste que provén das profundidades do Sistema Solar e que, probablemente, non volveremos ver máis. Aínda que será o 1 de febreiro o día que máis próximo estea ao noso planeta, xa se publicaron as primeiras fotografías.

Cometa C/2022 E3 (ZTF), capturada en Armenia, preto da cidade de Dilijan. 20 de xaneiro de 2022. Crédito e dereitos de autor: Dmitry Kolesnikov

Fontes do Instituto de Ciencias do Espazo do CSIC e o Instituto de Estudos Espaciais de Catalunya (IEEC) afirman que na últimas noites o cometa verde incrementou a súa luminosidade e durante uns días poderase observar sen necesidade de telescopios, aínda que o uso de prismáticos é moi recomendable para aqueles que queiran velo máis facilmente. Aconséllase afastarse da contaminación lumínica das cidades, buscar un sitio escuro e habituar a vista con media hora de antelación.

Publicidade

Os expertos non están seguros de onde viaxará despois de deixar a Terra, pero o consenso parece estar en que C/2022 E3 podería non volver aparecer, o que fai deste acontecemento algo moi especial para a nosa historia astrónoma. Se non podes velo, o Proxecto Telescopio Virtual (The Virtual Telescope Proyect) ofrece unha retransmisión gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns