Un asteroide voa a só 3.600 quilómetros da Terra

Sen risco de impacto, foi un dos obxectos celestes que máis se achegou ao noso planeta

Esta noite o asteroide 2023 BU voou a só uns 3.600 quilómetros da superficie da Terra, o que o converteu no cuarto asteroide máis próximo da historia (excluíndo os cinco descubertos antes do seu impacto). A distancia mínima alcanzouse o 27 de xaneiro ás 00.29 e movíase cun velocidade duns 30 graos/hora.

A unidade robótica “Elena” rastrexou o movemento moi rápido do asteroide e os executores das fotografías recoñecen que a imaxes non foron fáciles de tomar porque o ceo estivo nubrado. Grazas á mellora do tempo por momentos puido detectarse e rastrexar esta roca e trasmitirse en vivo polo proxecto Telescopio Virtual. A NASA xa confirmou estes días que non existía risco de impacto e, aínda que así o fixese, converteríase nunha bóla de lume sen causar máis dano que a caída de pequenos meteoritos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España

Por que a Terra “incha” e “desincha” cada 20 minutos? Estas son as consecuencias do gran terremoto de Rusia

Tras o terremoto de magnitude 8,8 o 30 de xullo de 2025, a superficie terrestre experimenta oscilacións periódicas pola liberación de enerxía e movementos das ondas sísmicas