Un asteroide pasará “extraordinariamente preto” da Terra este xoves

O obxecto celeste, denominado BU 2023, aproximarase ao extremo sur de América do Sur sen risco de impactar contra o noso planeta

Un asteroide do tamaño dun camión pasará “extraordinariamente preto” da Terra este xoves. Así o corroborou o servizo de avaliación de risco de impacto da NASA, que o cualificou como un dos “achegamentos máis próximos xamais rexistrados”. O obxecto celeste, denominado BU 2023, aproximarase ao extremo sur de América do Sur esta tarde. Os astrónomos estadounidenses tamén confirman que “non hai risco de impacto”. De todas formas, matizan que o asteroide, entre 3,5 e 8,5 metros de ancho, non suporía ningún perigo aínda que entrase na atmosfera terrestre. De ser así, converteríase nunha bóla de lume sen causar máis dano que o impacto de pequenos meteoritos.

O asteroide foi descuberto polo astrónomo afeccionado Gennadiy Borisov, que detectou o cometa interestelar 2I/Borisov, desde o seu observatorio en Crimea, o sábado 21 de xaneiro. Informouse de observacións adicionais ao Minor Planet Center (MPC), o organismo internacional para as medicións de posición de pequenos corpos celestes, e os datos publicáronse automaticamente na páxina de confirmación de obxectos próximos á Terra. Despois de recompilar suficientes observacións, o MPC anunciou o descubrimento. En tres días, varios observatorios de todo o mundo xa realizaran ducias de observacións, o que axudou os astrónomos para afinar mellor a órbita de 2023 BU.

Publicidade

En vermello, a desviación da traxectoria do asteroide causada pola gravidade da Terra. En verde, a órbita dos satélites e en gris, a da Lúa.

O sistema de avaliación de riscos de impacto da NASA analizou os datos do MPC e predixo rapidamente o risco de accidente. “Descartouse que 2023 BU fose impactar, pero a pesar das poucas observacións, foi capaz de prognosticar que o asteroide se achegaría extraordinariamente á Terra”, di Davide Farnocchia, un dos enxeñeiros que desenvolveu o sistema de predición. “De feito, este é un dos achegamentos máis próximos dun obxecto á Terra xamais rexistrado”, asegura o experto.

Aínda que calquera asteroide nas proximidades da Terra experimentará un cambio na traxectoria debido á gravidade do planeta, 2023 BU achegarase tanto que se espera que a súa traxectoria ao redor do Sol se altere significativamente. Antes de atoparse coa Terra, a órbita do asteroide era aproximadamente circular e tardaba 359 días en completar a súa órbita ao redor do Sol. Despois do seu encontro, a órbita do asteroide será máis alongada, movéndose aproximadamente á metade entre as órbitas da Terra e Marte no seu punto máis afastado do Sol. O asteroide completará entón unha órbita cada 425 días.

Publicidade

Ademais, o Virtual Telescope Project emitirá unha retransmisión en directo para observar como o asteroide se aproxima á terra. Comezará ás 20.15 horas (horas española).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Como escribe a Terra o teu nome? Descúbreo con esta ferramenta da NASA

O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite