Días grandes para ver pasar a Estación Espacial sobre Galicia

Estes días repítense os pasos da ISS sobre Galicia.

Chegan boas noites para observar a Estación Espacial Internacional (ISS) sucando o ceo de Galicia. Dende este mércores 26 de setembro e ata o venres 5 de outubro haberá pases visibles a primeiras horas da noite, despois do solpor, moitos deles cunha boa intensidade e case sempre con ceos despexados.

Por exemplo, o xoves 27 de setembro, ás 20.51.40 horas, a Estación Espacial Internacional será visible dende Compostela cunha magnitude aparente de -3,1, moi superior á da estrela máis brillante, Sirio (-1,5) ou de planetas como Marte (2,8) e Xúpiter (2,9).

Publicidade

As mellores horas de paso sitúanse despois do solpor e ata as 23.00 horas, o que fai máis atractivo o espectáculo. Aínda que a Lúa vén de pasar a súa fase de chea, agora encamíñase a un brillo menor, o que facilita a observación.

A ISS viaxa a 28.000 quilómetros por hora a uns 400 km de altura sobre a Terra

A ISS aparece como un pequeno punto blanco que se move polo ceo a gran velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

Publicidade

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia, pero non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade.

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

A bordo do veloz punto branco podes imaxinar aos astronautas Alexander Gerst de Alemaña, Serena Aunon-Chancellor, dos Estados Unidos, e Sergei Prokopyev de Rusia.

Aquí podes consultar
os pasos da Estación Espacial sobre Galicia

Na seguinte táboa podes ver os pasos da Estación Espacial Internacional sobre Galicia nos vindeiros días. Podes facer clic na data para acceder a unha carta estelar e outros detalles de paso.

Fecha Magnitud Inicio Punto más alto Fin Tipo de paso
(mag) Hora Alt. Ac. Hora Alt. Ac. Hora Alt. Ac.
26 sep -2,3 21:43:48 10° O 21:46:52 34° NNO 21:49:04 16° NE visible
26 sep -0,2 23:21:43 10° NO 23:21:45 10° NO 23:21:45 10° NO visible
27 sep -3,1 20:51:40 10° OSO 20:54:54 52° NNO 20:58:09 10° NE visible
27 sep -1,5 22:29:28 10° ONO 22:31:58 19° N 22:32:00 19° N visible
28 sep -1,7 21:37:09 10° ONO 21:39:52 23° NNO 21:42:09 12° NE visible
28 sep -0,2 23:14:49 10° NO 23:14:49 10° NO 23:14:49 10° NO visible
29 sep -2,2 20:44:51 10° O 20:47:49 30° NNO 20:50:47 10° NE visible
29 sep -1,4 22:22:44 10° NO 22:24:56 17° N 22:24:56 17° N visible
30 sep -1,5 21:30:30 10° NO 21:32:55 18° N 21:35:00 12° NE visible
30 sep -0,3 23:07:36 10° NO 23:07:40 10° NO 23:07:40 10° NO visible
01 oct -1,7 20:38:09 10° ONO 20:40:47 21° NNO 20:43:24 10° NE visible
01 oct -1,5 22:15:41 10° NO 22:17:43 18° N 22:17:43 18° N visible
02 oct -1,6 21:23:37 10° NO 21:25:57 18° N 21:27:44 12° NE visible
02 oct -0,4 23:00:10 10° NO 23:00:24 11° NO 23:00:24 11° NO visible
03 oct -1,8 22:08:19 10° NO 22:10:26 22° N 22:10:26 22° N visible
04 oct -1,8 21:16:24 10° NO 21:18:54 20° N 21:20:28 15° NE visible
04 oct -0,5 22:52:41 10° NO 22:53:08 13° NO 22:53:08 13° NO visible
05 oct -2,4 22:00:48 10° NO 22:03:11 31° N 22:03:11 31° N visible

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un potente anticiclón chega a Galicia: estamos ante a primeira onda de calor do ano?

As temperaturas poderán ser as máis altas rexistradas para esta época do ano entre finais da semana e comezos da próxima

Dos ventos do sur aos eucaliptos vellos: os factores tras o primeiro grande incendio da tempada en Galicia

A combinación de factores no lume de Herbón-Padrón, con 350 hectáreas queimadas, confirma unha mudanza nos patróns de propagación

Crista subtropical sobre Galicia: os modelos europeos anticipan temperaturas extremas

A chegada dunha masa de aire cálida traerá unhas anomalías positivas de 6ºC no litoral galego e ata 10ºC no interior

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense