Denuncian que o poste dun pantalán leva máis dun mes na praia de Carril

Limpiarousa e Noia Limpa advirten que está composto por "materiais contaminantes" e acusan falta de compromiso ás administracións

As asociacións Limpiarousa e Noia Limpa denuncian a falta de compromiso das administracións fronte á acumulación de lixo na costa de Vilagarcía de Arousa. O suceso máis recente vén protagonizado por un poste de cinco metros de lonxitude, aparentemente empregado para suxeitar os pantaláns nos portos, que apareceu na praia de Carril (Vilagarcía de Arousa) o pasado 4 de maio. A súa composición preocupa “polos materiais contaminantes que o forman: poliéster e resinas na parte exterior, e algún tipo de corcho na parte interior (poliestierno, poliuterano ou similar)”.

Segundo denuncian dende as asociacións, esta localización énchese de lixo procedente da fábrica de conservas abandonada colindante. Con todo, este escombro está no mesmo sitio despois de máis dun mes de chamadas ás administracións, que se declaran sen competencia na súa retirada. Así, estas iniciativas demandan a necesidade dunha rede de coidado do patrimonio natural, cun protocolo establecido para este tipo de casos. “Non fai falta un cargueiro de fuel ou un contedor de pellets para darse conta de que algo está fallando no coidado das nosas costas”, conclúe unha das integrantes de Limpiarousa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro