De Estados Unidos a Cangas: unha marca de nasa pasa 14 anos dando voltas no mar

O plástico, que se usou en 2010 para capturar lumbrigantes americanos en Maine, evidencia o impacto da 'basuraleza' nos ecosistemas mariños

O equipo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) atopou unha marca usada en 2010 nunha nasa de lumbrigante americano en Maine (Estados Unidos) no Cú do Lobo na Costa da Vela (Cangas) hai uns días. Este achado pon en evidencia as consecuencias da basuraleza, pois estímase que este obxecto de plástico leva 14 anos dando voltas no mar.

O Proxecto LIBERA, creado por SEO/BirdLife xunto a Ecoembes, solicita a inserción na Real Academia Española deste termo, definido como “residuos xerados polo ser humano e abandoados na natureza”, que propician consecuencias negativas sobre os ecosistemas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Confirmada a presenza de larvas de mosquito tigre no concello de Mos

O municipio pontevedrés súmase aos de Moaña, Vigo, Redondela, O Porriño, Cangas, Vilaboa e Bueu, onde xa está introducida a especie

A Caniza, Cangas de Morrazo e O Riós: a Xunta e a RAG impulsan 2.500 cambios na toponimia galega

Durante o proceso tivéronse en conta cuestións como a ausencia do artigo, a zona dialectal e revisións xeográficas

Que é o karkubi, a droga da redada con médicos en Vigo e Cangas

A substancia elabórase mesturando haxix e clonazepan, o principio activo de fármacos que se receitan para problemas de sono

Denuncian que o poste dun pantalán leva máis dun mes na praia de Carril

Limpiarousa e Noia Limpa advirten que está composto por "materiais contaminantes" e acusan falta de compromiso ás administracións