Daniel Llamas, gañador do Premio Nikon de Natureza

A Vía Láctea forma un arco sobre a ermida do Monte Faro.
A Vía Láctea forma un arco sobre a ermida do Monte Faro.

O fotógrafo galego Daniel Llamas resultou gañador do Premio Nikon na categoría de Natureza, no certame organizado pola coñecida marca de fotografía. A imaxe gañadora está tomada xunto á ermida do Monte Faro, entre os municipios de Rodeiro (Pontevedra) e Chantada (Lugo), e leva por título “Ermida no camiño“. A Vía Láctea aparece formando un arco sobre o templo.

No 2016, Daniel Llamas xa recibira varios recoñecementos por outras imaxes. Gañou o Medclic Oceans Photo Contest cunha foto do Cabo Vilán, en Camariñas. Tamén recibiu unha mención de honra no certame The World at Night grazas a unha imaxe tomada en Fisterra e acadara o segundo posto na categoría de fotografía nocturna no Finest Art Photography Awards, cunha foto feita no faro de Punta Nariga, en Malpica. No 2016 tamén conseguiu colocar cinco imaxes finalistas no Trierenberg Super Circuit e duas 2 seleccionadas para o Kolor Panobook 2016

Publicidade

3 COMENTÁRIOS

  1. Descoñezco o motivo da ignorancia nalgúns casos, e da fixación doutros … pero despois de anos de ver en Antena 3, a Sexta, A TVG e incluso a Voz de Galicia, etc onde se mal-informa que o cume do Faro está en Pontevedra nalgúns casos e en Rodeiro-Chantada noutros… Teño que aclarar por enémisa vez que o cume do Monte Faro está nun 100% na Parroquia de Requeixo (Chantada). A explanada ten pouco maís de 4 hectáreas (preto de 6 campos de Fútbol para facernos un idea). Pero o curioso é que ata a fronteria do concello de Rodeiro hai dende a ermida do Faro case 300 metros. Polo tanto o que si é de Rodeiro é a ladeira noroeste do Faro, onde por certo só hai pinos e pinos. Pero curiosamente temos que aturar que cando sacan imaxes da cima do Faro (ermida, “explanada”, o edificio de control d parque eólico, a costa das cruces) seguen a dicir que están entre Rodeiro e Chantada, cando o certo é que TODOS os lugares sin excepción pertence ao Concello de Chantada. Votade un vistazo aos mapas: https://sixpac.xunta.es/visorhtml5/ .

  2. Espectacular foto! Enhorabuena!
    El Camino de Invierno pasa por ese lugar. Para mi es uno de los lugares más espectaculares,desdes el punto de vista paisajístico y desde su historia de la ermita , de origen románico, levantada para cristianizar el lugar y que a lo largo de los siglos arrastro a miles de devotos buscando los milagros de Nosa Señora de O Faro. Levantada en lo alto, tan sola, con un halo de misterio…Solo le faltaba con esta foto que la coronase la VIA LÁCTEA!
    Como me gustaría que esta foto ilustrara algo sobre el Camino de Invierno!
    Aída Menéndez

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Artigo anterior
Seguinte artigo

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe