NGC 891 de canto

Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Falesiedi
Créditos da imaxe e copyright: Alessandro Falesiedi

Explicación: a gran galaxia espiral NGC 891 abarca uns 100 milleiros de anos luz e óllase case exactamente de canto desde a nosa perspectiva. De feito, a uns 30 millóns de anos luz de distancia na constelación Andrómeda, NGC 891 seméllase un montón a nosa propia Vía Láctea. Nunha primeira ollada ten un disco galáctico de estrelas delgado e aplanado cun vulto central cortado ao medio por zonas de po escuro. Pero a aparencia destacada da presentación de canto de NGC 891 son os filamentos de po que se estenden centos de anos luz por riba e por baixo da liña central. Probablemente o po saíu do disco por explosións de supernova ou a intensa actividade de formación estelar. Tamén se poden ollar galaxias máis febles preto do disco de canto neste fondo retrato de NGC 891.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo