A UVigo coordina a primeira plataforma de cursos en liña en Marrocos

A Universidade de Vigo, coa colaboración de seis socios europeos, coordina un proxecto, que cun orzamento de case un millón de euros, financiados pola Unión Europea, permitirá crear a primeira plataforma de cursos en liña (MOOCs, Masive Open Online Course, e SPOCs, Small Private Online Courses) en Marrocos. MarMOOC, que incluirá unha oferta de cando menos unha ducia de cursos masivos, con certificados de realización e o uso do sistema ECTS, e outros seis cursos privados, centrarase en seis áreas de coñecemento prioritarias para o país norteafricano como son a economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde.

“As universidades Université Abdelmalek Essaadi, Université Ibn Tofail, Université Moulay Ismail, Université Ibn Zohr, Université Internationale de Rabat, Université Privée de Marrakech, así como o Ministerio de Educación Superior de Marrocos, poderán a través deste proxecto europeo avanzar durante os próximos tres anos no proceso de consolidación e implementación dun enfoque de ensino e aprendizaxe híbrido, que combina o ensino tradicional en persoa e a aprendizaxe a distancia a través dos últimos avances tecnolóxicos e pedagóxicos, como son os MOOCs e SPOCs”, explican Rebeca Díaz e Eva Garea, coordinadoras xeral e técnica, respectivamente, do proxecto na Universidade de Vigo.

Co apoio da Universidad de León, o Instituto Real de Tecnoloxía de Suecia, a Vrije Universiteit Brussel de Bruxelas, a Universidade de Tecnoloxía Química e Metalúrxica de Sofía, Bulgaria, a Universidade de Pierre e Marie Curie de París, Francia, e a Rede de Universidades das Capitais de Europa, a institución académica viguesa lidera MarMOOC, que consolida as accións de cooperación internacional que a institución viguesa desenvolve desde 2002 coas universidades de Marrocos e en especial coa Université Abdelmalek Essaadi.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.