O investigador Jordi Borràs gaña o Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento

O experto da Universitat Politècnica de Catalunya propón un esquema innovador para reducir as interferencias nas comunicacións sen fíos

O investigador Jordi Borràs foi galardoado co Premio atlanTTic á mellor tese de doutoramento no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación. Recibiuno polo seu traballo na Universitat Politècnica de Catalunya, na que aborda un desafío central nas comunicacións sen fíos: a mitigación de interferencias.

“O principal obxectivo da miña tese doutoral era (…) evitar interferencias sen a necesidade de coñecer perfectamente o estado da rede de comunicacións e de que o transmisor e o receptor estean cooperando”, explica o investigador premiado. Ademais, o experto resalta as dificultades dun traballo tan teórico, que obriga a buscar aplicacións relevantes e comunicar os seus achados de forma clara e rigorosa.

Publicidade

A tese de Borràs, desenvolvida na Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), consegue propoñer un esquema innovador de transmisión para sistemas mono e multi-antena. Ademais, permite reducir ou mesmo evitar estas interferencias, avanzando cara a sistemas de comunicación máis robustos e eficientes.

Un dos aspectos máis destacados da tese gañadora é a súa potencial aplicación práctica na coexistencia de tecnoloxías de comunicación heteroxéneas, como as redes móbiles 4G e 5G ou transmisións con e sen restricións de latencia. Isto supón un avance de cara a mellorar a eficiencia espectral en contextos cada vez máis densos e complexos. Ademais, podería mitigar a interferencia pola coexistencia entre distintas tecnoloxías.

Publicidade

Novos premios convocados

O reitor da Universidade de Vigo afirmou que a consolidación deste premio é “unha mostra do compromiso do centro atlanTTic e da UVigo coa investigación de excelencia e co apoio ao talento novo”. O centro acaba de convocar a terceira edición do Premio atlanTTic á mellor tese en tecnoloxías de telecomunicación, en colaboración coa sección española do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos (IEEE). 

Poderán concorrer as persoas que posúan un título de doutoramento, de calquera nacionalidade, que defendesen a súa tese no eido das tecnoloxías de telecomunicación (comunicacións, servizos dixitais e/ou ciberseguridade). Iso si, coa máxima cualificación (excelente cum laude). As bases da convocatoria están dispoñibles nesta ligazón e o prazo de candidaturas permanecerá aberto ata o 16 de setembro de 2025.

Investigador Cum Laude

Nado en Cataluña, Jordi Borràs obtivo o Grao en Ciencias e Tecnoloxías de Telecomunicación (2016), o Máster en Enxeñaría de Telecomunicación (especialidade en Comunicacións Sen Fíos, 2018) e o Doutoramento en Teoría da Sinal e Comunicacións (con sobresaliente cum laude). Todo pola Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), onde xa destacara como investigador no grupo SPCOM. 

Dende maio de 2023 é investigador posdoutoral en atlanTTic, colaborando co equipo de Procesado do Sinal en Comunicacións (GPSC). Neste, participou en proxectos sobre comunicacións full-duplex, o novo paradigma ISAC (Integrated Sensing and Communications) e vulnerabilidades en aprendizaxe federada. Este mesmo mes rematará a súa etapa en Galicia e incorporarase como profesor axudante doutor á Universitat Politècnica de Catalunya, onde continuará desenvolvendo a súa carreira investigadora.


Podes ler o artigo do DUVI aquí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

CellCOM, Centum e TraffikGene gañan os X Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Os galardóns, creados en 2015 para recoñecer a investigación universitaria e a transferencia, serán entregados o 4 de decembro no Pazo de San Roque de Santiago

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas