Hal 9000 ‘cumpre’ 25 anos

HAL 9000 é o paradigma dos posibles riscos da intelixencia artificial.

 

Boas tardes señores. Son un computador HAL da serie 9000. Puxéronme en funcionamento na fábrica HAL de Urbana, Illinois, o 12 de xaneiro de 1992“. Con estas palabras, no último acto da película de Stanley Kubrick “2001, unha odisea no espazo“, coñeciamos a data de nacemento da intelixencia artificial máis famosa da ciencia ficción: HAL 9000.

Coñecida pola película e pola novela de Arthur C. Clarke (que sitúa, non en tanto, o seu ‘ano de nacemento’ en 1997),  nas dúas obras amósase a unha supercomputadora programada para cumprir as súas tarefas sen contradicións nin obxeccións, o que terá graves consecuencias para a tripulación da nave espacial Discovery.

Publicidade

O nome HAL provén do acrónimo de Heuristically Programmed Algorithmic Computer, (computador algorítmico heurísticamente programado), aínda que hai quen sostén que, en realidade, é unha broma resultante de adiantar no abecedario as letras de IBM, algo que Clarke sempre negou de forma tallante.

En 1968, cando se estreou a película e HAL aterraba aos espectadores coa lente vermella da súa xa icónico ollo-cámara, eran moitos os que pensaban que ese era o futuro da intelixencia artificial, e que, no 2001, poderían facer calquera cousa da que fose capaz un ser humano.

Publicidade

Hai medio século, Isaac Asimov  xa vaticinou que, nas primeiras décadas do século XXI, os robots e as intelixencias artificiais non serían para tanto. Cincuenta anos despois de coñecer a HAL, temos computadores con algunhas das súas habilidades, como falar, recoñecer a voz ou xogar ao xadrez. Existen mesmo proxectos de máquinas que poden ler os beizos pero aínda estamos lonxe de que unha intelixencia artificial poida facer, por exemplo, crítica de arte como a faría unha persoa, algo que se lle atribúe ao computador de a bordo da Discovery.

O que si poden facer é cantar, como facía HAL nos últimos segundos antes da súa desconexión entoando Daisy Bell, un tema popular de 1892, o mesmo que en 1961 entoou o IBM 7094, o primeiro computador capaz de cantar unha canción. Pero lembremos: Clarke sempre negou calquera relación entre HAL e IBM.

1 comentario

  1. de uns dias pra ká tenho tentado adicionar uma pessoa q já estava nos meus amigos do facebook. ele não esta entre meus amigos, mando convide via msn e nas minhas fotos onde consta COMENTÁRIOS dele aparece seu nome sem foto onde não consigo clicar. estranho isso não sei mais o q fazer para adiciona-lo de novo. aff!!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A inesperada visita dunha balea á Costa da Morte

Unha familia francesa que se atopaba realizando unha actividade de pesca con Fish-Terra atopou o rorcual preto da lancha na que viaxaban

As singulares imaxes do mar de ardora cun espectacular ceo de fondo

O autor cre que a luz baixo as estrelas pode ser unha aurora boreal, aínda que os expertos non o teñen claro pola súa forma e polo momento

O cine familiar, a resistencia cultural das vilas galegas

Santiago Díaz e Concha Candán son propietarios do Cine Avenida en Caldas de Reis, a primeira multisala dun concello galego de menos de 10.000 habitantes

‘Sica’ e todo o que non lle pertence ao mar

O cambio climático aparece representado nun contexto de cotiandade na primeira longametraxe de Carla Subirana, ambientada na Costa da Morte