Un concurso de fotografía científica promociona a investigación en Cinbio

As imaxes serán realizadas polo persoal do centro no seu día a día e conformarán un calendario

O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (CINBIO) celebra a primeira edición dun concurso de fotografía científica, unha iniciativa organizada para promocionar o traballo desenvolvido no centro de investigación a través de fotografías realizadas polo persoal do centro no seu día a día.

O obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía xeral, mediante unha visión artística e estética suxerida a través de fotografías científicas que conformarán un calendario e que contarán cunha descripción ou comentario do feito científico que ilustran. É, tamén, obxectivo desta iniciativa promover entre a comunidade científica a importancia de divulgar o seu traballo ao conxunto da sociedade.

Publicidade

As 12 fotografías finalistas formarán un Calendario CINBIO para o próximo ano 2022. O autor ou autora da fotografía considerada como gañadora do concurso, terá como premio a asistencia a un congreso a escoller e unha cámara instantánea. Ademáis, os 11 finalistas restantes participarán no sorteo dun lote de premios igual ao lote gañador.

De acordo co establecido nas bases, poderá participar no concurso calquera persoa maior de 18 anos con vinculación ao centro de investigación CINBIO: membros dos grupos de investigación e estudantes de grao,  TFM e doutorandos tutorizados por persoal do centro. O tema principal será a ciencia e o traballo multidisciplinario de investigación desenvolto no centro, incluidos todos os ámbitos nos que se traballa e investiga.

Publicidade

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras orixinais e inéditas, que nof concurreran con anterioridade noutros premios, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso.

Seleccionaranse 12 fotografías finalistas que conformarán o Calendario CINBIO 2022. A fotografía gañadora do concurso premiarase cunha cámara instantánea e a asistencia a un congres, mentres que os 11 finalistas restantes entrarán no sorteo dun premio de iguais características (unha cámara instantánea e a asistencia a congreso).

O fallo do xurado producirase no 1 de outubro de 2021 e será comunicado por email aos premiados e a través das redes sociais de Cinbio. O xurado estará formado por representantes do centro e expertos en imaxe e fotografía, que atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica, seleccionará 12 obras finalistas para un calendario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Cóntame que leva a túa perovskita, e direiche como contamina: alternativas para materiais emerxentes

O grupo de Inmunoloxía do CINBIO leva anos estudando a toxicidade na escala 'nano' co obxectivo de establecer un emprego seguro

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente