Científicos de Vigo empregan drons para estudar a saúde do rorcual nas Rías Baixas

A campaña RorquGAL pretende caracterizar xenéticamente á poboación galega destes cetáceos

A bordo do catamarán da ONG Edmaktub, o persoal científico do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC) de Vigo vén de realizar un estudo multidisciplinar dos rorcuales (Balaenoptera physalus) que se concentran nas augas galegas para alimentarse.

A campaña, localizada na plataforma continental fronte ás Rías Baixas, permitiu tomar mostras de auga para a caracterización xenética dos rorcuales a través do ADN ambiental. O comportamento dos rorcuales en augas galegas apréciase no vídeo gravado por Toño Vázquez a bordo do catamarán, e onde se aprecia o achegamento e actividade destes cetáceos. Aínda que normalmente viven nas augas oceánicas, non resulta estraño atopalos preto da plataforma continental.

Publicidade

https://twitter.com/IEOVigo/status/1841760031571595672

Emprego de drons para recoller máis información

Ademais, os investigadores recolleron mostras de microbioma do tracto respiratorio mediante o emprego de drons e tomáronse imaxes para a súa identificación e análise biométrico:“A análise do ADN ambiental presente na auga e o uso de drons para a toma de datos e mostras fai posible obter unha información ata o de agora descoñecida, o que nos permitirá caracterizar a poboación que visita as augas galegas, estudar a súa conectividade e patróns de migración, así como o seu estado de saúde”, sinala Camilo Saavedra, investigador do IEO en Vigo e responsable da campaña.

A campaña RorquGAL realizouse no marco do proxecto Emphatic (E-DNA, Microbiomes, Photogrammetry and Hormones – Assessment Techniques In Cetaceans), coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) e financiado a través da Fundación Biodiversidade do MITECO.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto