A auga baixa con moita forza na fervenza do Toxa a causa das fortes chuvias

Unha sucesión de frontes chegará a Galicia a partir deste mércores e está previsto que siga aumentando o caudal do río

As intensas chuvias do Nadal aumentaron considerablemente o caudal do río Toxa. Crédito: Twitter / RedMeteo
As intensas chuvias do Nadal aumentaron considerablemente o caudal do río Toxa. Crédito: Twitter / RedMeteo

As intensas chuvias de Noiteboa e do Nadal deron unha pequena tregua nos primeiros días desta semana, pero unha sucesión de frontes volverá pasar por auga a última noite do ano. As consecuencias das fortes chuvias non só se deixan notar nas estradas, tamén nalgúns dos máis espectaculares enclaves naturais de Galicia. É o que acontece coa fervenza do río Toxa, que volve desbordar auga con máis forza ca nunca debido ao considerable aumento do seu caudal.

O vídeo que así o demostra foi compartido por un afeccionado en Twitter. A fervenza, sita no Concello de Silleda, ten unha caída directa que supera os 30 metros. Segundo a web de Turismo Rías Baixas, trátase da maior fervenza de Galicia. O río que lle dá nome nace na serra do Candán e discorre polas terras do Deza ata acadar a parroquia de Bandeira. Se este salto de auga é, xa de por si, espectacular, a forza coa que baixa a auga estes días tan só outorga beleza —e perigo— a quen a contempla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.