Atención hoxe ao paso da Estación Espacial sobre Galicia

O xigante orbital cruzará o ceo galego ás 21.23 horas a uns 400 quilómetros de altura e unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora 

A Estación Espacial Internacional (ISS) será o espectáculo no ceo nocturno para esta noite de domingo. O pase está previsto para as 21.23 horas.

A ISS aparece como un pequeno punto branco que se move polo ceo a grande velocidade, xa que esta nave orbita arredor da Terra a uns 400 quilómetros de altura, a unha velocidade de 28.000 quilómetros por hora (preto de 8 km/s).

Publicidade

A Estación Espacial está a cruzar o ceo continuamente, ás veces gravando o territorio de Galicia.  Tamén tomando retratos do país dende a órbita da Terra. Pero  non sempre é visible, xa que iso depende de diversos factores, entre eles a nubosidade. Tamén depende da latitude na que orbite en cada xornada.

Para observala en boas condicións, cómpre afastarse da contaminación lumínica das cidades e situarse en lugares elevados onde haxa un bo campo de visión.

Publicidade

Como curiosidade, Ignazio Magnani é un afeccionado á astronáutica que adoita publicar os pasos previstos da ISS en todo o mundo. Moitos medios de comunicación refírense a el como ‘o astronauta italiano’. Xa no perfil da sua propia conta explica: ‘Non son astronauta!‘ Pero moitos medios, tamén en Galicia, insisten en identificalo así, aínda que a súa foto de perfil amosa a un cosmonauta ruso, que no seu casco ten as letras ‘CCCP’, que corresponden á antiga URSS en caracteres cirílicos. De calquera xeito, probablemente volveremos ler en diversos medios que Magnani é un ‘astronauta italiano’. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica