Así se viu a aurora boreal dende Almería

Unha das cámaras do Observatorio de Calar Alto gravou un vídeo 'timelapse' do histórico fenómeno

Unha luz tenue, de cor rosada e verdosa, tinguiu unha parte do ceo do domingo. En Galicia, as nubes impediron ver un fenómeno tan sorprendente como inusual nestas latitudes: unha auroral boreal. De feito, chegouse a apreciar noutros puntos da península, moito máis ao sur do que se esperaba. Así, o Observatorio de Calar Alto, en Almería, confirmaba a captura dunha aurora boreal ás 20.16 horas do domingo 23 de abril, incluíndo un vídeo timelapse do histórico momento. Dende o centro astronómico cualifícano de “todo un récord” no sur da península ibérica, polo menos nas últimas décadas. Non está claro se durante o intenso episodio de 1938, que si se puido percibir dende Galicia, tamén deixou pegada nos ceos andaluces.

O observatorio almeriense tamén gravou un vídeo dende unha das cámaras do centro, dende as que se apreciou tanto a aurora como os diferentes movementos do ceo, dende avións ata satélites. De Galicia non hai testemuñas gráficas pola dificultade de observación, dada a nubosidade que predominou todo o domingo. Porén, o investigador Pedro Pablo Campo, do Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, cre o seguinte: “Se se ven dende Almería, teñen que verse dende aquí”. Non estaba prevista a aparición da aurora boreal en ceos galegos pero, segundo confirma o astrónomo, é tempo de auroras boreais e por iso é preciso estar alerta.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha explosión solar acaba de cruzar a Terra: volverán as auroras boreais a Galicia?

A presenza de nubes poderían impedir a visibilidade do mesmo evento da natureza que tinguiu de vermello os ceos da Costa da Morte hai un ano

As singulares imaxes do mar de ardora cun espectacular ceo de fondo

O autor cre que a luz baixo as estrelas pode ser unha aurora boreal, aínda que os expertos non o teñen claro pola súa forma e polo momento

A tormenta solar que deixou ver auroras boreais en Galicia en maio de 2024 foi a máis intensa en 35 anos

Os episodios volvéronse repetir en outubro de 2024 e en aninovo, e neste 2025 o ciclo solar está no seu máximo
00:00:19

Galicia arrinca 2025 co ceo tinguido de rosa por unha nova aurora boreal

O fenómeno viuse dende a provincia da Coruña, así como nas comunidades de Aragón, País Vasco, Castela e León, Cataluña e Andalucía