Así se ven as feridas dos incendios de Laza e A Gudiña que arrasaron 210 hectáreas

A superficie queimada en Galicia nos últimos dous días ascende a máis de 300 hectáreas, con varios focos aínda activos

O lume xa arrasou nos últimos dous días máis de 300 hectáreas nos concellos da Gudiña, o máis afectado, Laza, Arbo e Porto do Son. Segundo a última actualización da Consellería de Medio Rural, o primeiro dos lumes, que afectou á parroquia de Pentes, xa está estabilizado. Iniciouse o luns e en menos de 24 horas arrasou 150 hectáreas. Tamén na provincia de Ourense, outro lume queimou 60 hectáreas na parroquia de Trez, en Laza. O incendio, que se iniciou o domingo, permanece estabilizado. As feridas destes dous lumes, os que queimaron unha maior superficie nas últimas horas, pódense ver nas imaxes aéreas do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais (EFFIS) do programa Copernicus.

Amais destes dous lumes, xa se logrou extinguir o da parroquia de Mourentán, no municipio pontevedrés de Arbo. Iniciouse o domingo e afectou a 22,7 hectáreas, sendo 20,9 de monte arborado e 1,8 de monte raso. Hai outros dous incendios activos, un na parroquia de Barxa, tamén na Gudiña que, segundo a última actualización de Medio Rural a través da canle de X (antes Twitter) @incendios085, queimou xa 60 hectáreas. Esta madrugada tamén suscitou moita preocupación o incendio de Porto do Son, que arrasou 15 hectáreas, por achegarse moito ás vivendas. A vista tamén está posta en Portugal, cunha vaga de incendios que está a afectar principalmente á metade norte do país veciño.

Publicidade


No caso de detectar un lume forestal, podes chamar ao teléfono gratuíro 085. Se sospeitas dunha actividade delituosa incendiaria da que teñas sospeita ou coñecemento, podes chamar ao 900 812 085, tamén gratuíto e anónimo. Se queres información actualizada sobre os incendios forestais que acaden as 20 hectáreas podes consultala na conta @incendios085

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro