Así se ve a espiral da borrasca Babet que afecta a Galicia

A fronte descargará abundantes precipitacións durante a xornada do martes e mércores. O xoves volve entrar outro centro de baixas presións

A borrasca Babet é a primeira fronte intensa do outono. Descargará abundantes precipitacións nos vindeiros días no marco dun tren de borrascas que obrigará a Galicia a utilizar o paraugas durante máis de dez días. Este centro de baixas presións forma unha espiral no Atlántico polo cambio de masas de aire que xira en sentido contrario ao das agullas do reloxo. O día de maior protagonismo de Babet será o mércores e será o prólogo doutra borrasca que entrará o xoves.

A espiral da Borrasca Babet. Fonte: JJ González Alemán.

Varias zonas de Galicia atópanse en alerta amarela por temporal marítimo na Costa da Morte e nas Rías Baixas. Está activo tamén o aviso amarelo en toda Galicia por refachos de vento que poderán acadar os 80 km/h e por chuvias que poden acumular máis de 40 l/m2 en tan só 12 horas na provincia de Pontevedra e no oeste e suroeste da Coruña.

Publicidade

Dende MeteoGalicia apuntan que é un “temporal típico de outono”. Xa de cara a fin de semana as precipitacións serán menos intensas pero caen as temperaturas polo predominio dos ventos do norte. Esta situación atmosférica podería provocar, de cara o próximo luns, as primeiras nevadas do outono.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica