Así rexistrou o radar o desastre das chuvias torrenciais en Mallorca

mallorca
No conxunto do ano, as precipitacións acumuladas no Llevant da illa de Mallorca, onde se sitúa a localidade de Sant Llorenç, adoitan estar entre os 700 e os 800 litros por metro cadrado. Onte, en só 12 horas, a estación da Axencia Estatal de Meteoroloxía en Artà, vila próxima a Sant Llorenç, acumulou 232 l/m2. Como consecuencia destas chuvias torrenciais, lévanse xa contabilizadas 10 vítmas mortais e varias persoas desaparecidas.

O radar da Aemet, tal e como se pode ver na animación, rexistrou cantidades extraordinarias de chuvia no acumulado de seis horas, que afectaron sobre todo ao leste da illa de Mallorca e ao norte de Menorca.

Publicidade

A inestabilidade das tormentas provocou que, aínda que estaba activado o aviso amarelo, a Aemet elevase o nivel a laranxa e vermello na noite do martes.

Un torrente “moi peligroso”

A catástrofe de Sant Llorenç debeuse ao desbordamento do torrente de Ses Planes, que atravesa a localidade. En Mallorca é habitual ver canalizacións de cursos de auga que van prácticamente secos gran parte do ano, pero que incrementan moito o seu volume cando se producen chuvias torrenciais.

Publicidade

Segundo recolle Diario de Mallorca, que entrevista ao profesor de Xeografía Física Miquel Grimalt, da universidade das Illes Balears, o torrente “é moi peligroso, porque é moi deficiente arrastrando a auga” e, ademais, o núcleo está rodeado de montañas, “o que provoca unha punta moi grande de precipitación.

Grimalt subliñou tamén que o crecemento urbanístico puido influír no desastre. “Seguro que a xente maior do pobo, cando vía que chovía así, sabía que viría unha ‘torrentada’. Con 200 ou 300 litros por hora dirían: ‘aquí vai pasar algo’. E esa memoria, esa educación, perdémola”. O profesor Grimalt destaca tamén que a medida que o núcleo urbano medrou, as construcións achegáronse aos dous torrentes que discorren pola zona.

As intensas chuvias provocaron tamén destrozos nas vías de comunicación da illa, tal e como recolle IB3, que amosa neste vídeo unha fenda de varios metros na estrada que une Artà e Colònia de Sant Pere.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana

Anatomía da borrasca que regará Galicia e derrubará as temperaturas: “Formouse a latitudes excepcionais”

O descenso das temperaturas será máis pronunciado en zonas do interior de Lugo e Ourense, sobre todo na Ribeira Sacra, o Miño, Valdeorras e Verín

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados

Unha borrasca derruba as temperaturas en Galicia: ata 10 graos menos en só 24 horas

Unha borrasca fría procedente do suroeste peninsular traerá chuvias, vento e forte inestabilidade no mar durante martes e mércores