A eclipse de Sol, vista desde a Lúa

Un satélite chinés tomou desde a órbita do satélite varias imaxes durante o transcurso da eclipse, visible desde o hemisferio sur este martes

Este martes 2 de xullo, desde o Pacífico e algunhas rexións de Arxentina e Chile puideron gozar coa única eclipse total de Sol no ano 2019. Miles de persoas seguiron con expectación o fenómeno, que deixou moitas e moi variadas imaxes salientables. Pero a perspectiva que achegou o satélite chino DSLWP-B desde a órbita da Lúa é especialmente abraiante polo lugar no que foi tomado.

Como é sabido, a eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol. Nestas situacións, a luz solar queda obstaculizada polo satélite e, nas zonas do planeta onde se proxecta esta sombra, o día escurécese e a estrela agóchase tras un círculo negro, do que só sobresaen os seus bordos.

Publicidade

E precisamente desde a órbita da Lúa foi captada esa sombra do sol na Terra, grazas á cámara do satélite DSLWP-B, un dos que acompañou a misión chinesa Chang’e 4 para chegar á cara oculta da Lúa. Segundo recolleu Microsiervos, e explica a conta de Twitter do telescopio Dwingeloo, un dos aparellos onde se procesaron os datos enviados polo satélite, captáronse un total de seis imaxes nos que a eclipse se proxecta sobre a Terra, e que se poden ver baixo estas liñas.

Así foi o espectáculo da eclipse solar total do 2 de xullo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tutorial para facer o teu propio filtro para fotografar a eclipse e outros consellos

O fotógrafo Alejandro Muñoz explica como capturar o Sol de forma segura e o astrofotógrafo Daniel López dá recomendacións para obter un bo resultado

Onde ver a eclipse do 12 de agosto? Unha aplicación puntúa os mellores lugares de Galicia

A fronteira asturiana e a provincia de Lugo teñen os miradoiros máis idóneos, pero tamén no terreo da Coruña se atoparán espazos onde desfrutar o fenómeno con claridade

Carlos García-Galán: “Chegar á Lúa é o primeiro paso, agora o obxectivo é vivir alí permanentemente”

O director do proxecto 'Moon Base' da NASA visita Galicia para analizar os desafíos científicos e tecnolóxicos de crear unha base humana no satélite

Da curiosidade ao estrés: como afecta a eclipse aos animais?

A etóloga da USC Ángela Fernández explica que cada individuo poderá reaccionar de forma diferente, pero existen manifestacións habituais como o aumento na vocalización das aves